Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Casa Picasso

 

Un grupo de alumnos nosos, concretamente 1º ESO A, foi convidado o xoves 20 de xuño á inauguración dunha tenda na planta baixa da Casa Museo Picasso na rúa coruñesa Paio Gómez. Nós unicamente asistimos para realizar unha actividade previa á inauguración que celebraría o alcalde unha hora máis tarde.

Chegamos ás 10.30 e recibiunosTonecho Otero, o encargado de explicar o traballo aos alumnos. Diante dunha pantalla táctil, Tonecho foi narrando brevemente os anos nos que Picasso estivo na Coruña cando era un neno. Mediante a pantalla os nosos alumnos debían de localizar nun plano os lugares frecuentados polo pintor. Posteriormente, íaselles preguntando por aquilo que verosímilmente impresionaría máis da nosa cidade a sensibilidade do pintor,  para concluír que moi probablemente entre os nosos monumentos estaría a torre de Hércules, e noutra orde de cousas, debeu chamar a súa atención o vento, o vento mareiro.

Unha vez chegados a  estas conclusións, o grupo de alumnos pasou a unha sala situada ao fondo, presidida por unha magnífica foto dun Pablo Picasso de 11 anos, rodeado pola súa familia en Málaga no transcurso dun xantar. Entón distribuíronselles unhas follas de papel e mais uns lapis coa idea de  trazar en primeiro lugar unha base cunha recta e a partir de aí debuxar unha torre de Hércules. Este debuxo debía xurdir da súa  imaxinación, pois, malia proxectarse de cando en vez unha foto da torre sobre a parede, axiña se retiraba para contribuír á  orixinalidade de cada quen.A continuación, Tonecho escaneou todos os debuxos e someteunos a un programa de animación. Como podedes ver queda moi bonito.

Ao ver esta sucesión de imaxes animadas un pode pensar que reactualizamos, evocamos o proceso creativo, a serie de bosquexos que o neno Pablo iría trazando antes da lograr a obra final.

Data Matrícula 2013/2014

MATRÍCULA DE  1º, 2º, 3º E 4º ESO E  1º E 2º BACHARELATO DIÚRNO:

 

Días: 27, 28 de xuño e 1 de xullo

                Horario: 9:00 a 13:30 

 

 

Matricularanse os/as alumnos/as que aproben todas as materias en xuño e tamén, todos aqueles que lles queden unha ou dúas materias para setembro.

 

 

Vídeo "Vivamos como galegos"

 

Gonzalo Cao, o noso alumno que levou a medalla de prata na Olimpiada Matemática 2013, acaba de gravar un anuncio para unha empresa galega. Podédelo ver neste enderezo:

 

http://www.vivamoscomogalegos.com/esta-toalla-non-se-tira/index-videos-gonzalo-cao.php

 

 

The Big Challenge

 

Na celebración de ‘The Big Challenge” 2013 o noso alumno de 1º da ESO, Pedro Incio del Río, quedou magnificamente situado na clasificación provincial (o primeiro) e mais na nacional (foi o segundo de toda España, e temos que pensar que se presentaron neste nivel máis de once mil alumnos). Parabéns a Pedro!

Tamén debemos felicitar a Lara Yáñez Vázquez, segunda a nivel provincial, e a Jorge Carril Espido, terceiro no seu nivel (2º ESO) en toda a provincia.

A todos eles lles desexamos que sigan así no coñecemento das linguas.

 


Entrega Premios Coca-Cola

Temos que darlle o parabén ao noso alumno David Vaamonde López, de segundo da ESO.

Gañou un dos dous premios –o que corresponde á lingua galega- a nivel autonómico do concurso de relato curto Coca-cola para xoves talentos na edición 2013.

Vai ir, velaquí tedes en que consiste o marabilloso premio, a Londres catro días neste vindeiro mes de xuño. Vémolo nas fotos no acto celebrado en Lugo o pasado 24 de maio, onde se lle comunicou a boa nova. Nunha delas está acompañado da súa profesora, Mª Jesús Quintáns. 

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda & Sargadelos

Fermosísima peza de Sargadelos. O deseño, da propia fábrica galega, é do ano 2012.

Relembremos que o arquitecto do noso centenario e emblemático edificio fora Faustino Domínguez Comes-Gay.

Aviso

PARABÉNS AO NOSO ALUMNO DAVID VAAMONDE LÓPEZ!

DAVID É UN DOS CLASIFICADOS NO SECTOR DE CORUÑA NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO ‘COCACOLA’ NOVOS TALENTOS. PREMIO RELATO CURTO.

PARABÉNS IGUALMENTE ÁS SÚAS PROFESORAS DAS LINGUAS DO CONCURSO, AS LINGUAS COOFICIAIS NA AUTONOMÍA.

Conferencia da Doutora Dª. Susana Martínez-Conde

Conferencia da doutora Dª Susana Martínez-Conde, exalumna do noso instituto, sobre "Os enganos da mente" impartida ós alumnos de 2º de Bacharelato.

Dª Susana Martínez-Conde, coruñesa,  é actualmente Directora do Laboratorio de Neurociencia Visual do Instituto Neurolóxico -Barrows- de Phoenix (Arizona).

 


Intercambio con Inglaterra

 

British Exchange

In March, a group of eighteen students from Eusebio da Guarda  ranging from 3rd ESO to 1st Bacharelato embarked to what would be an unforgettable week in England. The exchange has established links with the Stamford Endowed Schools in the beautiful town of Stamford. 

Stamford School

 
Students enjoyed a week packed full of activities, including visits to places of interest within the town such as the three schools and the astonishing Burghley House  and further afield in the impressive Cambridge , the always surprising London and the historic Peterborough. There was also plenty of time for them to get to know more about family life, boarding houses and other cultural aspects of British society.


(Burghley House)

The boys and girls formed strong bonds with their British friends, learned lots of English and took part in some of their lessons.

As always, the exchange was a hugely positive experience due largely to the enthusiasm with which the students approached the challenges of living with a new family or in a boarding house in a new place. We hope to see many of them again on the exchange in years to come.

Excursión a Guimaraes

 

Nesta saída didáctica do Proxectoterra (11 e 12 de abril), visitamos a Citania de Briteiros, o Museo da casa natal de Martins Sarmento, o mosteiro de Souto San Salvador, así como a cidade de Guimaraes, que foi recente capital europea da cultura no ano 2012. Nela percorremos o Bairro de Couros (antigo arrabaldo adicado á curtiduría de coiros) e o casco antigo coas Prazas da Oliveira e de Santiago. Subimos ao parque-mirador de Nosa Señora da Penha e non puidemos visitar nin o castelo medieval nin o Castelo dos duques de Braganza polo mal tempo que nos fixo.
 
Aloxámonos na Pousada da Xuventude (diante da que estamos nunha das fotos).

Intercambio co Collège Irène Joliot Curie de Fontenilles

Dende o 7 ata o 14 de abril, varios alumnos do noso centro de 3º e 4º de ESO desprazáronse ata Fontenille  no departamento de Haute Garonne, na rexión de Midi Pyrénées (Francia)

Esta 2ª parte do intercambio contou con múltiples actividades e visitas así como clases e encontros coas familias de acollida.

 

XLIX Olimpiada Matemática Española

Gonzalo Cao Labora alumno de 4º A deste instituto  Medalla de Prata na XLIX Olimpiada Matemática Española celebrada en Bilbao http://t.co/kHSEScHtDR.

Tamén formará parte do equipo que representará a España na Mediterranean Youth Mathematical Competition http://t.co/tvVcSpeXSF

Olimpiada de Química

 

MEDALLA BRONCE

 

FÁTIMA LOUSADA. 2º BACHARELATO B.

 

Parabéns.

Olimpiada de Física

 

MEDALLA PRATA

 

DANIEL PIÑEIRO. 2º BACHARELATO B.

 

Parabéns.

Olimpiada Matemática de Bacharelato

Gonzalo Cao Labora (4 ESO A), terceiro premio na fase galega da Olimpiada Matemática de Bacharelato. Será un dos tres representantes galegos na fase nacional.

 

Máis información en:

  http://www.usc.es/olympia/XLIX/XLIX_g.htm

  

Concurso Postais Nadal 2012

As alumnas premiadas 

De esquerda a dereita: Marta Cancela, Lucía Blanco, Carlota Suárez e Julia López de la Osa.

GAÑADORA 1º PREMIO: LUCÍA BLANCO MIGUÉNS 1º ESO B

GAÑADORA 1º PREMIO: CARLOTA SUÁREZ VILLAVERDE 1º ESO C

ACCÉSIT: JULIA LÓPEZ DE LA OSA LÓPEZ-ABENTE 1º ESO C

ACCÉSIT: MARTA CANCELA CARRETERO 1º ESO B

VIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

 

 

HOMENAXE A RITA SUÁREZ AMADO

VIII CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO E POESÍA

BASES

    

- Poderán participar todas as persoas que o desexen.

 

- Estableceranse catro niveis de participación:

     I.-   1º ciclo ESO (1º e 2º).

     II.-  2º ciclo ESO (3º e 4º).

     III.- Bacharelato.

     IV.-Adultos.

 

- As obras poderán vir redactadas en Lingua Galega ou en Lingua Castelá.

 

- O tema será de libre elección polo autor. Os relatos ou os poemas deberán ser orixinais na súa totalidade, rigorosamente inéditos. Así mesmo establécese que non poderán ter sido premiados nin seleccionados nun concurso literario anterior.

 

- Nos traballos presentados non constará o nome ou identificación ningunha do autor, e asinaranse con pseudónimo. Presentaranse  nun sobre pechado en cuxo exterior figurará o título da obra, a categoría na que concursa (relato curto ou poesía), nivel de participación (I, II, III, IV) e o pseudónimo. No interior do sobre, enviarase unha nota cos datos seguintes: título do relato ou poema, nome, apelidos, curso e centro (se está escolarizado), domicilio e teléfono do  autor e unha dirección de correo electrónico.

 

- Os relatos ou as poesías presentaranse en follas de formato DIN A4 escritas a unha soa face, a dobre espazo e como tipo de letra a Times New Roman 12. As obras non deberán exceder os cinco folios. O Xurado resérvase, dunha banda, o dereito a admitir aqueles escritos que  excedan lixeiramente a extensión citada, e doutra, o dereito  a corrixir aquelas cuestións de ortografía que non se ateñan ás normas académicas correspondentes (RAE para o idioma castelán, RAG para o idioma galego).

 

- Aceptarase só un máximo de dous traballos por autor en cada categoría (relato curto ou poesía).

 

- A entrega de premios realizarase no Acto-Homenaxe a Rita que terá lugar o día 8 de marzo do 2013, ás 18:30, no Salón de Actos do IES Eusebio da Guarda.

 

- O prazo de admisión dos orixinais finalizará o día 25 de xaneiro de 2013, admitíndose os traballos que se presenten ata esa data. A entrega das obras farase directamente na  Conserxería do IES Eusebio da Guarda ou por correo á dirección: IES Eusebio da Guarda: Pza. de Pontevedra 20, 15003-A Coruña, especificando “Concurso Literario Rita Suárez Amado”.

 

10ª - A Comisión Organizadora designará un Xurado Cualificador que será quen decida sobre calquera dúbida que poidan orixinar estas BASES, sendo o seu fallo inapelable.

 

11ª -  O fallo do  concurso farase público o día 8 de marzo de 2013.  A Comisión Organizadora  resérvase o dereito da publicación dos traballos presentados. Os premiados comprométense a entregar as obras nun soporte informático (CD), ou por medio do correo electrónico, á organización con vistas á súa futura publicación.

 

12ª - Os relatos ou poesías orixinais devolveranse a todos os autores que o soliciten, nun prazo non superior a tres meses desde a data da votación e comunicación dos resultados. Transcorrido dito tempo, os traballos que non foran reclamados non se devolverán.

 

13ª - A participación neste Concurso significa a plena aceptación destas Bases e do fallo do xurado.

 

Para calquera información adicional deberanse dirixir á Vicedirectora, Dª Mª Rosario Soto Arias (981-223479// correo electrónico ies.eusebio.guarda@edu.xunta.es).

Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

 

A Coruña, decembro de 2012. 

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Programación dos Concertos Didácticos 2012-2013

Clicka na imaxe para vela mellor.

Distribuir contido


by Dr. Radut