ABAU 2024 - CONVOCATORIA ORDINARIA
ABAU 2024 - CONVOCATORIA ORDINARIA
SOLICITAR O TÍTULO DE BACHARELATO
(Trámite imprescindible para presentarse a ABAU).
- Impreso cuberto cos datos do alumno-a, terás que cubrilo e imprimir 1 copia.
- Seguir as instrucións para pagar as tasas.
Presentar os dous impresos o 20 (9:00-14:00 h) e 21 de maio (9:00-11:00) na Secretaría xunto cos impresos da ABAU.
MATRÍCULA ORDINARIA ABAU (Selectividade)
O alumnado que desexe matricularse da ABAU, unha vez cuberta a documentación e pagadas as taxas da ABAU e do Título de Bacharelato, deberá entregar na secretaría do centro o 20 (9:00-14:00 h) e 21 de maio (9:00-11:00), a documentación que se relaciona a continuación:
- Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros).
- Impreso de matrícula da ABAU . Cubrilo e imprimir 1 copia desde este enlace.
- Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula: cubrir este impreso e imprimir 3 copias.
Unha vez feita a matrícula, o alumnado poderá acceder á aplicación Nerta cunha conta de usuario que lle chegará polo seu correo electrónico. Premer para ver as instrucións correspondentes.
Importe do prezo de matrícula ABAU:
- Ordinaria: 63,67 Euros
- Familia numerosa - Categoría xeral: 31,84 Euros
- Familia numerosa – Categoría especial: Gratuíta
O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa, deberá aportar fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa.
- Persoal das Universidades do SUG: Gratuíta. A gratuidade deberá ser acreditada mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal e, no caso de cónxuxe ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia onde figure o matrimonio e o alumno/a.
- Persoas con discapacidade (33%): Gratuíta. A gratuidade deberá ser acreditada no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa do órgano competente de Comunidade Autónoma pola que se recoñece a condición vixente, no prazo de matrícula.
- Persoas coa condición de vítimas de terrorismo: Gratuíta. A gratuidade deberá ser acreditada no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición vixente, no prazo de matrícula.
- Persoas coa condición de violencia de xénero: Gratuíta. A gratuidade deberá ser acreditada no momento de formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Persoas beneficiarias da prestación do ingreso mínimo vital: Gratuíta. A gratuidade deberá ser acreditada no momento de formalización da matrícula, mediante a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social prevista no artigo 28.3 da Lei 19/2021, do 20 de decembro.
Publicación listaxe matriculados:
O 21 de maio na aplicación Nerta pódense revisar os datos e pódese interpor reclamación desde as 11:00 ata as 13:00 horas na secretaría do centro se hai algún erro.
EXAMES ABAU
Lugar:
Sede alumnado do IES Eusebio da Guarda: ETS Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña. A Coruña
Sede alumnado neae: Facultade de Economía e Empresas. Campus de Elviña. A Coruña
Datas convocatoria ordinaria: 4, 5 e 6 de xuño
Data de entrega de cualificacións provisionais: 13 de xuño (a partir das 20:00 h)
Data de entrega de cualificacións definitivas: 20 de xuño (a partir das 20:00 h)
Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.es/nerta/
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1.IMPRESO PARA RECOLLER DATOS DO ALUMNO.pdf | 47.19 KB |
2.PAGO DE TAXAS PARA O TÍTULO DE BACHARELATO_0.pdf | 772.88 KB |
3.IMPRESO MATRÍCULA ABAU.pdf | 279.3 KB |
4.IMPRESO TAXAS ABAU.pdf | 179.6 KB |