ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25
-
Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).
-
Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na Conserxería do Instituto e tamén máis abaixo (en documentos adxuntos: “Solicitude admisión...”.
-
Que, cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-
Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.
-
Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.
- Prazo para a matrícula ordinaria: indicarase oportunamente.
- Prazo para a matrícula extraordinaria: indicarase oportunamente.
ADXUNTOS A CONSULTAR: