Skip to Content

Anuncios

FONDOLIBROS 2020-21

FONDO SOLIDARIO
DE LIBROS DE TEXTO (ESO)

(Resumo)

Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2020-2021)

Descargar información

*          *          *

PRAZO
do 20 de maio ao 21 de xuño

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
     
  • Documentación complementaria (a que lle corresponda a cada un):


a) Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de que non haxa Libro de familia, que o pai e ani ou titor ou titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor. 

c) Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro, que poderá facer a devolución ata o 10 de setembro). Os últimos días de clase prepararase unha xornada de devolución.

PROBAS ABAU 2021

Calendario das probas ABAU 2021

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 13 de maio. O alumnado que titule, dacordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU) entre o 20 e o 24 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
20 ao 24 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
25 e 26 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2020
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
8 ao 10 de xuñoRealización das
probas ABAU 2020

FACULTADE DE DEREITO

Alumnado aspirante
17 de xuñoCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
18-22 de xuñoSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
24 de xuñoCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

-- 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28-29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29-30 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
13 ao 15 de xuñoRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA

C. Instrucións para o alumnado

D. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharelato e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

As modificacións establecidas para o curso pasado manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ORIENTACIÓN PARA ALUMNADO DE BACHARELATO:
A UDC nun clic!

UDC

A Universidade da Coruña, considerando as limitacións impostas polo actual confinamento, organiza unhas Xornadas de Portas Abertas virtuais para todo o alumnado que remata os seus estudos de secundaria e que desexa se informar sobre as instalacións e os medios da Universidade local.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS
VIRTUAL

 

     Os visitantes (estudantes e familiares) poderán coñecer por dentro a Universidade e interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

     Nesta visita, tamén poderán coñecerse os servizos e unidades que lles van a facer máis fácil e atractiva a vida universitaria aos futuros estudiantes: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Consulta de información
sobre as
Xornadas

Pódese consultar toda a información sobre estas xornadas e sobre a propia UDC na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/ e na aplicación móvilUDC.gal para Android e para IOS.

ENLACES DE APOIO ESCOLAR E SOCIAL

Nos actuais tempos de confinamento importa máis ca nunca proporcionar información útil e necesaria tanto de apoio escolar como de apoio social. Nestes enlaces, que iremos actualizando e engrosando, as familias e o alumnado podedes atopar materiais diversos: educativos algúns, de interese cultural outros ou información de interese social do Concello. 


Enlace a museos

Webs de museos do mundo que
ofrecen visitas interactivas


 Editoriales


Editoriais e
contidos didácticos

Concello da Coruña. Benestar social

Enlace ás medidas adoptadas pola concellería de benestar social
do Concello da Coruña

Colexio de Psicoloxía de Galicia

Axenda do COPG para adolescentes confinados

Móvete connosco

Iniciativa "Educación física na casa"
da Consellería de educación

Distribuir contido


by Dr. Radut