Skip to Content

Anuncios

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2019-20

Boletíns de notas finais. Devolución de libros do Fondo.
Devolución de fianzas das taquillas

Os días 25 e 26 de xuño farase a entrega dos boletíns de cualificacións finais de xuño ao alumnado polo profesorado titor. Eses mesmos días, aproveitarase para proceder á devolución dos libros de texto concedidos no Fondo solidario 2019-20, así como, no caso do alumnado de 1º ESO, das fianzas polo uso das taquillas de aula.

Prevencións sanitarias
do procecedemento

Co fin de tomar prevencións de distanciamento e seguridade, todo o procedemento farase escalonando aos diferentes grupos e atendéndoos por seccións. Por isto, é sumamente importante o cumprimento dos horarios establecidos: non se atenderá a ningún alumno/a fóra das horas que lle correspondan ao seu grupo. 

Envío das cualificacións
a través de ABALAR móbil

As familias que dispoñan de ABALAR recibirán tamén as cualificacións a través da aplicación a partir das 15:00 horas do día que lles corresponda, co que, se non teñen que devolver libros do Fondo, non terán necesidade de vir ao centro a recoller os boletíns impresos se así o desexan.

 HORARIOS DA ENTREGA DE NOTAS E
DA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO 2019-20

XOVES DÍA 25 DE XUÑO
CURSOPROCEDEMENTOHORARIO
1º BACH.Entrega de boletíns de cualificación09:00 horas
4º ESO AEntrega de boletíns de cualificación10:00 horas
Devolución dos libros do fondo10:15 horas
4º ESO B Entrega de boletíns de cualificación10:45 horas
Devolución dos libros do fondo11:00 horas
1º ESO A Entrega de boletíns de cualificación11:30 horas
Devolución dos libros do fondo11:45 horas
1º ESO B Entrega de boletíns de cualificación12:15 horas
Devolución dos libros do fondo12:30 horas
1º ESO C Entrega de boletíns de cualificación13:00 horas
Devolución dos libros do fondo13:15 horas

 

VENRES DÍA 26 DE XUÑO
CURSOPROCEDEMENTOHORARIO
3º ESO AEntrega de boletíns de cualificación10:00 horas
Devolución dos libros do fondo10:15 horas
3º ESO B Entrega de boletíns de cualificación10:45 horas
Devolución dos libros do fondo11:00 horas
2º ESO A Entrega de boletíns de cualificación11:30 horas
Devolución dos libros do fondo11:45 horas
2º ESO B Entrega de boletíns de cualificación12:15 horas
Devolución dos libros do fondo12:30 horas
2º ESO C Entrega de boletíns de cualificación13:00 horas
Devolución dos libros do fondo13:15 horas

NOTA: as persoas que non devolvan os libros do Fondo no horario sinalado, poderán facelo entre o 1 e o 7 de xullo solicitando unha cita previa a través do teléfono do centro.

RECOLLIDA DE MATERIAIS DEIXADOS NA AULA

RECOLLIDA DE MATERIAIS
DEIXADOS NAS AULAS

Procedemento:

Aquel alumnado que deixou material na aula poderá pasar a recollelo a partir do día 26 de maio. Para iso, deberá concertar cita de recollida chamando ao teléfono do centro (881 961 061). É moi importante que se respeten as horas de cita para garantir a desinfección das aulas, por iso non se atenderá a ninguén que veña fóra das súas horas de atención. 

RETORNO ÁS AULAS

2º DE BACHARELATO, DE VOLTA ÁS CLASES
LUNS 25 de Maio

     Coincidindo coas instrucións da Fase 2 de desescalada, o alumnado de 2º Bacharelato do IES Plurilingüe Elviña voltará ás aulas este luns día 25 de maio. A asistencia, dacordo coas instrucións recibidas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, será voluntaria.

     Co fin de cumprir as necesarias prevencións sanitarias, o centro fará un esforzo de acondicionamento que garanta a seguridade do alumnado e do persoal docente.

     O horario do luns, para se axeitar ás necesidades de limpeza e organización, desenvolverase de 09:20 a 13:10. O alumnado aproveitará para reforzar os contidos dos que se examinará nas probas ABAU.

FONDOLIBROS 2020-21

FONDO SOLIDARIO
DE LIBROS DE TEXTO (ESO)

(Resumo)

Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2020-2021)

Descargar información

*          *          *

PRAZO
do 20 de maio ao 21 de xuño

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
     
  • Documentación complementaria (a que lle corresponda a cada un):


a) Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de que non haxa Libro de familia, que o pai e ani ou titor ou titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor. 

c) Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro, que poderá facer a devolución ata o 10 de setembro). Os últimos días de clase prepararase unha xornada de devolución.

PROBAS ABAU 2021

Calendario das probas ABAU 2021

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 13 de maio. O alumnado que titule, dacordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU) entre o 20 e o 24 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
20 ao 24 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
25 e 26 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2020
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
8 ao 10 de xuñoRealización das
probas ABAU 2020

FACULTADE DE DEREITO

Alumnado aspirante
17 de xuñoCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
18-22 de xuñoSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
24 de xuñoCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

-- 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
28-29 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
29-30 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
13 ao 15 de xuñoRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA

C. Instrucións para o alumnado

D. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharelato e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

As modificacións establecidas para o curso pasado manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 

Distribuir contido


by Dr. Radut