23 de SETEMBRO
DÍA DE PRESENTACIÓN
1º ESO, 2º ESO e 1º BACHARELATO
Para realizar a presentación do primeiro día se atenderá ao seguinte procedemento:
I. AVISOS DE SEGURIDADE
1. Na páxina web publicaremos hoxe as listaxes cos nomes codificados do alumnado de 1º ESO e 2º ESO para que se saiba que curso lle corresponde a cada rapaz
2. O alumnado DEBERÁ ACCEDER A PÉ E UNICAMENTE POLA CANCELA DA RÚA ALEXANDER VON HUMBOLDT (fronte ao Bar Paradiñas).
3. O acceso ao aparcadoiro das familias e dos vehículos alleos aos centros de ensino NON ESTARÁ PERMITIDO
4. O acceso pola porta central do aparcadoiro É EXCLUSIVO PARA ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP ALBORADA E NON PODERÁ SER UTILIZADO EN NINGÚN CASO
II. ENTRADA DO ALUMNADO
1. Segundo sexa a hora de entrada correspondente a cada nivel convocado, abrirase a cancela de entrada para que os grupos vaian pasando ao porche do centro.
2. O alumnado entrará ordeadamente pola cancela da Rúa Alexander von Humboldt, unha vez que se abra, á zona do porche que lle estará reservada, colocándose en fila no espazo reservado para o seu grupo (as zonas estarán indicadas cun cartel e co/a profesor/a titor/a de cada grupo presente para controlar o espazo)
3. Unha vez que sexa a súa hora de entrada (2º ESO, 09:20/ 1º BACH, 10:00/ 1º ESO, 11:30), os grupos irán pasando por turno ao interior do edificio pola porta que lles estará asignada durante todo o curso:
a) 2º ESO: cancela lateral do edificio con acceso á porta do soto
b) 1º ESO: porta principal de cristal dereita
c) 1º Bacharelato: cancela lateral do edificio con acceso á porta do soto
3. IMPORTANTE: Por razóns de seguridade, a cancela de entrada pecharase ás 09:30 horas. O alumnado que chegue tarde, non poderá incorporarse á presentación.
4. O alumnado debe traer material de escritura (boli, libreta) e dúas mascarillas (unha posta e outra de reposto)
PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O DÍA 23 DE SETEMBRO
LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE DA CONSELLERÍA
MOI IMPORTANTE:
O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É APROXIMADO
CÓMPRE ESTAR CON ANTELACIÓN NAS PARADAS
1. O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar
2. O alumnado debe utilizar exclusivamente a parada que solicitou no momento de matricularse
* * *
GRUPO 1 (2º ESO, Entrada ás 09:20 horas)
LIÑA 1. AUTOS RICO | ||||
PARADA | Hora | |||
Palavea | 8:45 | |||
Castro de Elviña | 08:40 | |||
Val de Mesoiro (Novo Mesoiro, 10) | 08:55 | |||
R/ Ribeira Sacra, 12 | 09:00 |
LIÑA 2. AUTOS ORÓNS | ||
PARADAS | ENTRADA/SAÍDA | |
Urbanización Breogán, 3 | 08:45 | |
Feáns 55/56 | 08:45 | |
Feáns cruce cemeterio | 08:45 | |
Rúa Fragas do Eume, 20 | 08:50 | |
Rúa Ribeira Sacra, 3 | 08:50 | |
Novo Mesoiro, 30 | 08:50 | |
Ponte Martinete | 09:05 |
GRUPO 2 (1º ESO, Entrada ás 11:30 horas)
LIÑA 1. AUTOS RICO | ||||
PARADA | Hora | |||
Palavea | 10:55 | |||
Castro de Elviña | 10:50 | |||
Val de Mesoiro (Novo Mesoiro, 10) | 11:05 | |||
R/ Ribeira Sacra, 12 | 11:10 |
LIÑA 2. AUTOS ORÓNS | ||
PARADAS | ENTRADA/SAÍDA | |
Urbanización Breogán, 3 | 10:55 | |
Feáns 55/56 | 10:55 | |
Feáns cruce cemeterio | 10:55 | |
Rúa Fragas do Eume, 20 | 11:00 | |
Rúa Ribeira Sacra, 3 | 11:00 | |
Novo Mesoiro, 30 | 11:00 | |
Ponte Martinete | 11:15 |