Calendario das probas ABAU 2021
O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 13 de maio. O alumnado que titule, dacordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU) entre o 20 e o 24 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:
ABAU PROBA ORDINARIA | |||
DATA | PROCEDEMENTO | LUGAR | RESPONSABLE |
20 ao 24 de maio | Prematrícula para as probas ABAU 2021 | Na secretaría do instituto e a través de NERTA | Alumnado aspirante |
25 e 26 de maio | Matrícula para as probas ABAU 2020 | Nos LERD | Servizos administrativos do instituto |
8 ao 10 de xuño | Realización das probas ABAU 2020 | FACULTADE DE DEREITO | Alumnado aspirante |
17 de xuño | Cualificacións provisionais ABAU | NERTA | -- |
18-22 de xuño | Solicitude de revisións | NERTA | Alumnado |
24 de xuño | Cualificacións definitivas ABAU | NERTA | -- |
* * *
ABAU PROBA EXTRAORDINARIA | |||
DATA | PROCEDEMENTO | LUGAR | RESPONSABLE |
28-29 de xuño | Prematrícula para as probas extraordinarias ABAU 2020 | Na secretaría do instituto | Alumnado aspirante |
29-30 de xuño | Matrícula para as probas extraordinarias ABAU 2020 | Nos LERD | Servizos admnistrativos do instituto |
13 ao 15 de xuño | Realización das probas extraordinarias ABAU 2020 | Por determinar | Alumnado aspirante |
* * *
DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA
A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)
B. Procedemento de matrícula ABAU:
Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA
C. Instrucións para o alumnado
D. Instrucións para o uso de NERTA
* * *
PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO
Todo o alumnado que titule en Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharelato e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:
A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso
* * *
MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU
As modificacións establecidas para o curso pasado manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].
Parámetros de ponderación para o curso actual