Boletíns de notas finais. Devolución de libros do Fondo.
Devolución de fianzas das taquillas
Os días 25 e 26 de xuño farase a entrega dos boletíns de cualificacións finais de xuño ao alumnado polo profesorado titor. Eses mesmos días, aproveitarase para proceder á devolución dos libros de texto concedidos no Fondo solidario 2019-20, así como, no caso do alumnado de 1º ESO, das fianzas polo uso das taquillas de aula.
Prevencións sanitarias
do procecedemento
Co fin de tomar prevencións de distanciamento e seguridade, todo o procedemento farase escalonando aos diferentes grupos e atendéndoos por seccións. Por isto, é sumamente importante o cumprimento dos horarios establecidos: non se atenderá a ningún alumno/a fóra das horas que lle correspondan ao seu grupo.
Envío das cualificacións
a través de ABALAR móbil
As familias que dispoñan de ABALAR recibirán tamén as cualificacións a través da aplicación a partir das 15:00 horas do día que lles corresponda, co que, se non teñen que devolver libros do Fondo, non terán necesidade de vir ao centro a recoller os boletíns impresos se así o desexan.
HORARIOS DA ENTREGA DE NOTAS E
DA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO 2019-20
XOVES DÍA 25 DE XUÑO | ||
CURSO | PROCEDEMENTO | HORARIO |
1º BACH. | Entrega de boletíns de cualificación | 09:00 horas |
4º ESO A | Entrega de boletíns de cualificación | 10:00 horas |
Devolución dos libros do fondo | 10:15 horas | |
4º ESO B | Entrega de boletíns de cualificación | 10:45 horas |
Devolución dos libros do fondo | 11:00 horas | |
1º ESO A | Entrega de boletíns de cualificación | 11:30 horas |
Devolución dos libros do fondo | 11:45 horas | |
1º ESO B | Entrega de boletíns de cualificación | 12:15 horas |
Devolución dos libros do fondo | 12:30 horas | |
1º ESO C | Entrega de boletíns de cualificación | 13:00 horas |
Devolución dos libros do fondo | 13:15 horas |
VENRES DÍA 26 DE XUÑO | ||
CURSO | PROCEDEMENTO | HORARIO |
3º ESO A | Entrega de boletíns de cualificación | 10:00 horas |
Devolución dos libros do fondo | 10:15 horas | |
3º ESO B | Entrega de boletíns de cualificación | 10:45 horas |
Devolución dos libros do fondo | 11:00 horas | |
2º ESO A | Entrega de boletíns de cualificación | 11:30 horas |
Devolución dos libros do fondo | 11:45 horas | |
2º ESO B | Entrega de boletíns de cualificación | 12:15 horas |
Devolución dos libros do fondo | 12:30 horas | |
2º ESO C | Entrega de boletíns de cualificación | 13:00 horas |
Devolución dos libros do fondo | 13:15 horas |
NOTA: as persoas que non devolvan os libros do Fondo no horario sinalado, poderán facelo entre o 1 e o 7 de xullo solicitando unha cita previa a través do teléfono do centro.