Skip to Content

Anuncios

GRUPOS ASIGNADOS AO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO E 1º BACH

Facemos públicas as listaxes para que poidan consultar o grupo no que os rapaces se integrarán neste curso. Para non contravir normativas de protección de datos, os nomes dos/as alumnos/as aparecen codificados. Utilízanse as dúas iniciais de apelidos e nome para identificar a cada rapaz.

Por exemplo:

una alumno que se chame PEREIRA GARCÍA, PABLO aparecerá na listaxe como "Pe Ga, Pa"

LISTAXE DE 1º ESO

LISTAXE DE 2º ESO

O alumnado de 1º Bacharelato estará asignado do seguinte xeito:

CIENCIAS: 1º Bacharelato A
CCSS e HUM: 1º Bacharelato B

PROTOCOLO COVID. DECLARACIÓN RESPONSABLE

DECLARACIÓN RESPONSABLE

No Protocolo de 30 agosto de 2020 que dicta a normativa de prevención contra a difusión do Covid nos centros de ensino, insístese na necesidade de que todos os membros da comunidade escolar (docentes, persoal, alumnado, familias) colaboren na prevención da difusión do coronavirus controlando diariamente a saúde para identificar tempranamente calquera síntoma sospeitoso. As familias, coma parte fundamental deste procedemento de control, están obrigadas a facer diariamente unha enquisa persoal de autoavaliación de síntomas

Coma parte deste compromiso de control, todas as familias deben entregar ao centro unha declaración responsable que manifeste o seu compromiso de vixiar a saúde do alumnado e de non envialo ao centro no caso de detectar calquera síntoma sospeitoso de Covid.

ENLACE CO TEXTO DA DECLARACIÓN RESPONSABLE

Este é o enlace ao texto da Declaración responsable, que tamén será entregado polo profesorado titor. Esta declaración deberá entregarse asinada no primeiro día de clase.

ORGANIZACIÓN DO CURSO 2020-21 NO IES ELVIÑA (1)

Iniciamos con esta un conxunto de publicacións informativas sobre todas as novidades que o Covid-19 impón ao ordenamento interno do IES Plurilingüe Elviña de cara ao curso que comeza. Pregamos que estean atentos ás publicacións sucesivas que nos vindeiros días se irán facendo nesta mesma páxina para informarlles dos distintos aspectos da organización do curso: transporte, horarios, normas de hixiene, procedemento de entradas, saídas, recreos, uso de cafetería, etc.

ORGANIZACIÓN DO CURSO 2020-21 NO IES ELVIÑA (1): NOVO HORARIO DO CENTRO

Cumprindo os requisitos da normativa anti-Covid, co fin de evitar o máximo posible o contacto entre o alumnado dos diferentes niveis educativos, procederase a constituír dúas quendas con horarios diferenciados para os niveis de 1º-2º ESO (QUENDA 1) e os niveis de 3º-4º ESO e Bacharelato (QUENDA 2). Estas modificacións horarias permitirán manter a normativa sanitaria de separación de grupos de maneira máis efectiva.

QUENDA 1Hora1Hora2Hora3LECERHORA4HORA5HORA6 HORA7HORA8

1º, 2º ESO

08:30 a
09:20
09:20 a
10:10
10:10 a
11:00
11:00 a
11:30
11:30 a
12:20
12:20 a
13:10
13:10 a
14:00
   16:10 a
17:00*
17:00 a
17:50*

 

QUENDA 2Hora1Hora2Hora3LECERHORA4HORA5HORA6   HORA7HORA8

3º, 4º ESO
e BACH

09:20 a
10:10
10:10 a
11:00
11:00 a
11:50
11:50 a
12:20
12:20 a
13:10
13:10 a
14:00
14:00 a
14:50
 17:00 a
17:50*
17:50 a
18:40*

*Horario de tarde: só os martes

Estes horarios serán efectivos a partir do luns 28 de setembro (incluído) para todos os grupos.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Estamos a ultimar coas compañías de transporte o horario e o percorrido das liñas, que se axustarán a cada unha das quendas horarias. Unha vez que o contrato de liñas estea rematado, publicarase a información nesta mesma web. Estean atentos ás actualizacións informativas da páxina nestes días.

XORNADAS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO

PRESENTACIÓN E COMEZO DAS CLASES

     Os días 23, 24 e 25 de setembro adicaranse á presentación dos diversos grupos e servirán coma toma de contacto dos grupos coa nova organización dos espazos e do ordenamento interno do centro. A partir do luns día 28 de setembro comezarán as clases efectivas con todo o alumnado.

HORARIO DAS PRESENTACIÓNS

     As horas de entrada para as presentacións de cada grupo serán como sigue:

CURSODATAHORA DE ENTRADAHORA DE SAÍDA
2º ESO

Mércores
23/09/2020

09:2011:00
1º BACHMércores
23/09/2020
10:0011:00
1º ESOMércores
23/09/2020
11:3013:10
3º ESOXoves
24/09/2020
11:3013:10
2º BACHXoves
24/09/2020
10:0011:00
4º ESOVenres
25/09/2020
11:3013:10

 

TRANSPORTE ESCOLAR NOS DÍAS DE PRESENTACIÓN

Haberá transporte escolar nestes días de presentación para o alumnado que teña dereito a el. Estamos a ultimar o contrato de transporte e as paradas por transportista. Cando dispoñamos da listaxe de paradas e horarios aproximados, publicaranse nesta mesma web. Prégase a todas as familias que estean atentas ás informacións que se vaian publicando.

NOTA MOI IMPORTANTE

Todas as informacións que publicamos dependen das ordes e notificacións que recibimos diariamente das autoridades educativas. Polo tanto, poden sufrir modificacións en calquera momento. Pregamos estean atentos ás actualizacións de todas as informacións que se irán publicando estes días nesta canle web.

XORNADAS DE COMEZO DO CURSO 2020-2021

Como se informa pola prensa, a Consellería de Educación fai oficial onte a través de anuncio no seu portal educativo web das datas de comezo do curso 2020-2021, establecendo a incorporación gradual do alumnado á presencialidade do seguinte xeito:

CURSODía de incorporación
1º ESO23 de setembro
2º ESO23 de setembro
3º ESO24 de setembro
4º ESO25 de setembro
1º BACH23 de setembro
2º BACH24 de setembro

Uns días antes das presentacións correspondentes faremos públicos os horarios de recepción e o procedemento de acollida do primeiro día de clase, incluída a información relativa ao transporte ou ás medidas de seguridade impostas pola pandemia.

Pregamos estean atentos diariamente ás informacións que se publican para evitar confusións.

Distribuir contido


by Dr. Radut