Skip to Content

ORGANIZACIÓN DO CURSO 2020-21 NO IES ELVIÑA (1)

Iniciamos con esta un conxunto de publicacións informativas sobre todas as novidades que o Covid-19 impón ao ordenamento interno do IES Plurilingüe Elviña de cara ao curso que comeza. Pregamos que estean atentos ás publicacións sucesivas que nos vindeiros días se irán facendo nesta mesma páxina para informarlles dos distintos aspectos da organización do curso: transporte, horarios, normas de hixiene, procedemento de entradas, saídas, recreos, uso de cafetería, etc.

ORGANIZACIÓN DO CURSO 2020-21 NO IES ELVIÑA (1): NOVO HORARIO DO CENTRO

Cumprindo os requisitos da normativa anti-Covid, co fin de evitar o máximo posible o contacto entre o alumnado dos diferentes niveis educativos, procederase a constituír dúas quendas con horarios diferenciados para os niveis de 1º-2º ESO (QUENDA 1) e os niveis de 3º-4º ESO e Bacharelato (QUENDA 2). Estas modificacións horarias permitirán manter a normativa sanitaria de separación de grupos de maneira máis efectiva.

QUENDA 1Hora1Hora2Hora3LECERHORA4HORA5HORA6 HORA7HORA8

1º, 2º ESO

08:30 a
09:20
09:20 a
10:10
10:10 a
11:00
11:00 a
11:30
11:30 a
12:20
12:20 a
13:10
13:10 a
14:00
   16:10 a
17:00*
17:00 a
17:50*

 

QUENDA 2Hora1Hora2Hora3LECERHORA4HORA5HORA6   HORA7HORA8

3º, 4º ESO
e BACH

09:20 a
10:10
10:10 a
11:00
11:00 a
11:50
11:50 a
12:20
12:20 a
13:10
13:10 a
14:00
14:00 a
14:50
 17:00 a
17:50*
17:50 a
18:40*

*Horario de tarde: só os martes

Estes horarios serán efectivos a partir do luns 28 de setembro (incluído) para todos os grupos.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Estamos a ultimar coas compañías de transporte o horario e o percorrido das liñas, que se axustarán a cada unha das quendas horarias. Unha vez que o contrato de liñas estea rematado, publicarase a información nesta mesma web. Estean atentos ás actualizacións informativas da páxina nestes días.



page | by Dr. Radut