Skip to Content

XORNADAS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO

PRESENTACIÓN E COMEZO DAS CLASES

     Os días 23, 24 e 25 de setembro adicaranse á presentación dos diversos grupos e servirán coma toma de contacto dos grupos coa nova organización dos espazos e do ordenamento interno do centro. A partir do luns día 28 de setembro comezarán as clases efectivas con todo o alumnado.

HORARIO DAS PRESENTACIÓNS

     As horas de entrada para as presentacións de cada grupo serán como sigue:

CURSODATAHORA DE ENTRADAHORA DE SAÍDA
2º ESO

Mércores
23/09/2020

09:2011:00
1º BACHMércores
23/09/2020
10:0011:00
1º ESOMércores
23/09/2020
11:3013:10
3º ESOXoves
24/09/2020
11:3013:10
2º BACHXoves
24/09/2020
10:0011:00
4º ESOVenres
25/09/2020
11:3013:10

 

TRANSPORTE ESCOLAR NOS DÍAS DE PRESENTACIÓN

Haberá transporte escolar nestes días de presentación para o alumnado que teña dereito a el. Estamos a ultimar o contrato de transporte e as paradas por transportista. Cando dispoñamos da listaxe de paradas e horarios aproximados, publicaranse nesta mesma web. Prégase a todas as familias que estean atentas ás informacións que se vaian publicando.

NOTA MOI IMPORTANTE

Todas as informacións que publicamos dependen das ordes e notificacións que recibimos diariamente das autoridades educativas. Polo tanto, poden sufrir modificacións en calquera momento. Pregamos estean atentos ás actualizacións de todas as informacións que se irán publicando estes días nesta canle web.



page | by Dr. Radut