Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Benvidos

 

     Atendendo ao inicio de procedemento de admisión de alumnado para o curso que ven, o IES Plurilingüe Elviña realizará unha xornada de portas abertas para aquelas familias que desexen coñecer as características do centro e a súa oferta. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 26 de xaneiro ás 18:00 horas no Salón de actos do centro, onde poderán coñecer á directiva do instituto e resolver as dúbidas sobre as características do instituto e sobre o proceso de solicitude de praza.

     Dada a elevada oferta previsible no 1º curso de ESO e o límite de aforo do Salón de actos do centro, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.

    No caso de que se completase o aforo dispoñible, non se permitirá a entrada de máis persoas ao centro, polo cal pregamos a súa comprensión.

Contamos coa vosa presenza!

 

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24

MATRÍCULA
CURSO 2023-24

PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN

 

   RESERVA DE PRAZA para centros adscritos de primaria (XAN/FEB)

   SOLICITUDE DE ADMISIÓN (primaria/secundaria/Bach) (MARZO)    

   MATRÍCULA (XUÑO)

   NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

   LEXISLACIÓN aplicable

 

PRAZOS DE
RESERVA, ADMISIÓN ORDINARIA
E MATRÍCULA

     A partir do 16 de xaneiro comezan os prazos para solicitar admisión en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da reserva, admisión ordinaria e matrícula, marcados por lei no Decreto 13/2022 de 3 de febreiro, desenvolvido na Orde do 21 de outubro de 2022 son os que aquí se indican. En todo caso, para calquera consulta sobre o procedemento (datas, documentación necesaria, listaxes, etc.) poden acudir ao portal da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e á aplicación de admisión


PRAZO 1

ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS (CEIP ALBORADA, CEIP NOVO MESOIRO, CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA E CEIP SALGADO TORRES)

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro:

Lugar de presentaciónna secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria. 

Voltar á cabeceira

adorno


PRAZO 2

PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA OU ADSCRITOS DE RESERVA CANDO AS PRAZAS NON SON SUFICIENTES

Do 1 ao 20 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (alumnado que quedou sen praza na reserva, alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Lugar
centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]

PROCESO DE BAREMACIÓN
(Entre o 21 de marzo e o 3 de abril, inclusive)

  Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, será necesario baremar as solicitudes. Os criterios de baremación serán os indicados no Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

*  *  * 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

   Entre os criterios do baremo, o centro ten dereito á adopción dun criterio complementario propio por 1 punto. O IES Plurilingüe Elviña, en Consello Escolar de 13 de febreiro de 2020, validou o seguinte criterio: "acórdase dar un punto ao alumnado que, no último curso que realizou completo, non teña ningunha materia suspensa e obtivese unha cualificación de 8 ou superior na materia de inglés. Para acreditar este criterio o solicitante deberá entregar algún destes documentos: certificación académica do curso correspondente ou boletín final de cualificación orixinal ou fotocopia cotexada".
                                                                              [Aprobado en CE a 30/01/2020]

 Voltar á cabeceira

adorno

PRAZO 3

PRAZO DE MATRÍCULA

Do 23 de xuño ao 7 de xullo: matrícula en ESO e Bacharalato para todo o alumnado do centro e para todo o alumnado admitido nos procesos de reserva e/ou admisión ordinaria.

Instrucións para a matrícula [só dispoñibles nas datas de matrícula na secretaría do IES]

Lugar: secretaría do centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo.

Voltar á cabeceira

*      *      *

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

1. Os solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegando os criterios de admisión/baremación que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida/entregada ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anteriror e, asimemso, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.

4. O IES Plurilingüe Elviña conta con varias liñas de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 09:00 a 13:30.

5. A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Elviña implicará o respecto e aceptación do seu proxecto educativo.

Voltar á cabeceira

*      *      *

LEXISLACIÓN E PROCEDEMENTO

    O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:

a. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

c. Instrucións sobre o proceso de admisión da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

d. Procedemento de admisión: instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros de ensino

PROGRAMA PIALE: MARÍA SANCOSMED EN OTTAWA (CANADÁ)

ESTANCIA EN CANADÁ DENTRO DO
PROGRAMA PIALE

06    A nosa compañeira María Sancosmed, ben coñecida docente do Departamento de matemáticas, realizou unha estancia formativa en Ottawa (Canadá) do 9 de novembro ao 6 de decembro pasados. A finalidade da súa estanza neste fermoso país norteamericano foi a de mellorar a súa competencia lingüística e comunicativa en inglés dentro do Programa integral de aprendizaxe de linguas extranxeiras (PIALE) convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

    Durante as catro semanas que durou a súa estanza en terras canadianas, María conviviu cunha familia en Ottawa e integrouse na vida escolar da Ridgemont High School pertencente ao Distrito escolar de Ottawa-Carleton. Ademais de colaborar co Departamento de matemáticas deste centro, tivo a ocasión de asistir a clases doutras materias, o que lle permitiu coñecer o sistema educativo de Canadá e tamén novas actividades e metodoloxías para aplicar nas súas clases.

010203
04 05

SECRETARÍA DO CENTRO. HORARIO DE ATENCIÓN NO TEMPO DE NADAL

HORARIO DE ATENCIÓN DA SECRETARÍA
DURANTE O NADAL

    Durante o período de Nadal a secretaría abrirá os días seguintes:

martes día 27 de decembro de 09:00 a 13:00 horas
xoves día 5 de xaneiro
de 09 a 13:00 horas

     Lembren que as solicitudes de certificacións débense facer a través desta mesma web (sección CERTIFICACIÓNS na icona lateral esquerda) e serán atendidas en prazos legais. Para outras consultas, poden utilizar o correo electrónico do centro.

FELIZ NADAL E ANINOVO!

Feliz nadal

 

BOLSAS CANADÁ 2023-24 DO CONCELLO DA CORUÑA

Bolsas

 

     O Servizo de Educación do Concello da Coruña, que ofertaba nestas datas anualmente bolsas de estudo de bacharelato en USA, mudou os seus convenios para ofertalas nesta ocasión para estudos en Canadá. Publícase no portal do Concello da Coruña, polo tanto, a convocatoria de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato en Canadá no vindeiro ano académico.

    As bases da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello. As solicitudes poderán presentarse entre o 9 e o 20 de xaneiro seguindo os pasos que se indican nas bases. Os requisitos: estar empadroado na provincia da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6,5 puntos e de 7 na materia de inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut