Skip to Content

BOLSAS MEC PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS. CONVOCATORIA 2023/2024

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
CURSO 2023-2024

 

BECAS MEC

Universitarios

PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2023-24

     O pasado día 15 de marzo foi publicada a Resolución da secretaría de estado de educación coa nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2023-2024.

    O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 27 de marzo ata o 17 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 2023-2024

Enlace coa entrada correspondente no blog da orientadora do centro 

 

INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS DO CURSO ANTERIOR 22-23

Para exercer recurso de reposición ou reclamación ás contías ou asignacións das bolsas do curso 22-23, deben seguirse as seguintes instrucións.

 

FIN DO PERÍODO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:

 

  • en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO NÚMERO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.


  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

 

DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN: aqueles solicitantes que deixasen sen presentar a documentación para a baremación, deberán entregala na secretaría do centro entre o 23 de marzo e o 4 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 15 de maio, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

 

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE PENDENTES

DATAS PARA PROBAS EXTRAORDINARIAS DE RECUPERACIÓN
DE MATERIAS PENDENTES (2º BACH.)

O alumnado que cursa 2º de Bacharelato e que ten materias pendentes de cursos anteriores, terá as probas oficiais de recuperación nas datas reflectidas neste cadro.

DÍAHORAMATERIAAULA

LUNS 17
DE ABRIL

16:30

L.Cast. I
Lat. I
Mat. I
FQ

Aula propia/
Salón de actos
MARTES 18
DE ABRIL
18:00L. Gal. I
Ing. I
Hª.M.Cont.
Aula propia/
Salón de actos

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS FINAIS (CURSO 2022-23)

Avaliación e procedementos
de reclamación ás calificacións

Dacordo coa lexislación vixente (Orde do 2 de marzo de 2021, actualizada na Instrución 2/2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa), o alumnado ten dereito a reclamar aquelas cualificaciónsnas materias nas que teña algunha dúbida a través de tres procedementos, unha vez reciba os boletíns de cualificacións finais:

TIPOMEDIOLUGARRESPOSTAPRAZO

Solicitude de
aclaracións

Petición dirixida
ao profesor 
da materia

Secretaría
do instituto
Resposta oral polo
profesorado 
no mesmo día

Ata as 13:00 horas do
día de entrega de boletíns

Reclamación ante
o centro 
de ensino
Instancia oficial dirixida
á dirección 
do centro
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada por
escrito da Xefatura do Dpto.

Os 2 días seguintes
á entrega de boletíns

Reclamación ante
a XT (inspección
)

Instancia dirixida á
XT (inspección)
Secretaría
do instituto
Resposta fundamentada
por 
escrito da XT

Os 2 días seguintes
á resposta da reclamación


Probas ABAU 2023

O 2º curso de Bacharelato terá a súa avaliación final o luns día 15 de maio. O alumnado deste curso que aprobe todas as materias terá aberto o prazo de prematrícula e matrícula para as probas de selectividade (ABAU). Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
18 ao 22 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
23 ao 24 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2021
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
6 ao 8 de xuñoRealización das
probas ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Dereito (Com. 10)
Alumnado aspirante

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
27 e 28 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
28 e 29 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2021
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
11 ao 13 de xulloRealización das probas
extraordinarias ABAU 2021
Campus de Elviña
Facultade de Informática
Alumnado aspirante

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Actividades do día da muller na ciencia

    No reconto das efemérides dignas de celebración, o pasado día 11 de febreiro celebramos no IES Plurilingüe Elviña o Día da nena e da muller na ciencia. As docentes do Departamento de matemáticas propuxeron para xornada tan sinalada unha serie de actividades con apoio do grupo de Contratos-programa coa ben saudable intención de dar apoio e pulo ao interese das nosas intrépidas estudantes no estudo das materias do ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    Así, para o alumnado do 1º curso de ESO, organizouse unha actividade deseñada pola Comisión de mulleres e matemáticas da RSME (Real Sociedade Matemática Española), que, como sempre que o estudo das ciencias torna en festa, espertou un grande interese. Todo o alumnado participante, co aquel de darlle ao maxín cos xogos, pasou o tempo aprendendo sobre os descubrimentos de cinco científicas do pasado presentadas por outras cinco científicas do presente. Que a iniciativa foi do gusto da concurrencia, amosouno A opinión da Coruña, que levou á súa edición dixital unha noticia sobre a actividade [LIGAZÓN].

La Opinión

Ademais, todos os grupos de 2º ESO asistiron a unha charla dunha muller científica do presente, a enxeñeira de camiños, canles e portos Amal Nnechachi da Universidade da Coruña, quen trasladou ao alumnado a súa entusiasta entrega ás ciencias no eido do seu traballo.

    O alumnado de cursos superiores organizou a súa propia actividade. Propúxoselles recopilar información sobre a vida, logros e dificultades de vinte científicas de todos os tempos a partir de materiais dixitais e elaborar unha exposición de tabloides na planta soto do centro, deseñando ademais un conxunto de preguntas para realizar un concurso de Pasapalabra. Podemos dar fe de que o pasaron "pipa"! 

Distribuir contido


by Dr. Radut