Skip to Content

BOAS NOVAS PARA O ALUMNADO DO IESP ELVIÑA

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, D. Gonzalo Trenor, visitou hoxe o IES Plurilingüe Elviña para compartir coa comunidade educativa a próxima dotación dunha pista polideportiva cuberta no espacio do patio.

As novas instalacións contribuirán moi positivamente á actividade do centro desde o vindeiro curso, poñendo en valor todo o potencial do maior espazo do centro, e arranxando as áreas desgastadas polo paso do tempo. O alumnado desfrutará de mellores medios para a práctica deportiva e outras actividades de exterior e de vida saudable, e de áreas de acollemento máis seguras e confortables en todas condicións meteorolóxicas durante o lecer.

A iniciativa enmárcase dentro das actuacións contempladas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, e conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014–2020. Engádese a outras iniciativas en curso da Xefatura Territorial da Coruña contribuintes á modernización das instalacións do centro.

Podese ler máis información nas canles oficiais de comunicación e nos medios de prensa que se fixeron eco no mesmo día, como a La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e Cadena Cope.

Patio IESP Elviña

AVISO: FOLGA DE TRANSPORTE O VENRES 31 DE MARZO

AVISO MOI IMPORTANTE A TODA A COMUNIDADE

FOLGA DO SECTOR DE TRANSPORTE ESCOLAR

 

     As compañías que prestan á Consellería de cultura o servizo de transporte escolar comunican que este venres 31 de marzo haberá unha folga do sector, co que NON PODEN GARANTIR QUE O SERVIZO QUE PRESTAN AOS CENTROS POIDA CUMPRIRSE CON NORMALIDADE.

     Aínda que o transporte escolar soe entrar dentro dos servizos mínimos que se establecen en ocasións semellantes, non hai garantías de que non xurdan retrasos ou outras irregularidades na prestación dos servizos ao alumnado transportado.

    Polo tanto, en previsión destes problemas, PRÉGASE ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO TRANSPORTADO QUE TEÑAN PREVISTO PARA O VENRES 31 ALGÚN TIPO DE PLAN ALTERNATIVO TANTO PARA A ENTRADA COMO PARA A SAÍDA no caso de que o noso servizo de transporte se vexa afectado pola folga.

    Desde o centro, aínda que non sexa cousa da nosa responsabilidade, pregamos saiban desculpar as molestias que esta incidencia lles poida ocasionar.

 

 

4ª e 5ª MOBILIDADES PROXECTO ERASMUS+ KA101: "Approaching Multicultural Issues and Mixed Ability Classes". REPÚBLICA CHECA

Asistencia de dúas compañeiras a un curso de formación
en Praga (República Checa)
 
004     As nosas benqueridas compañeiras dos departamentos lingüísticos Cintia Louro (lingua castelá) e Mar Alejandro (lingua francesa), aproveitaron o Entroido para realizar a cuarta mobilidade organizada polo centro dentro do seu programa de Internacionalización Erasmus+ Derrubando Muros.
     Desta vez, as dúas docentes viaxaron ata a fermosa cidade de Praga, capital da República Checa, para aprender sobre novas metodoloxías de integración da diversidade na aula nunha formación chamada “Approaching Multicultural Issues and Mixed Ability Classes”. O curso foi organizado pola empresa ITC International dentro do Proxecto Erasmus+.
Durante os cinco días que durou o curso, as dúas profesoras puideron compartir a súa experiencia con outras colegas de diversas nacionalidades (Grecia, Croacia, Estonia e Eslovaquia) e aprender das súas propias diferencias educativas, persoais e culturais coas súas compañeiras de aula.
     Despois desta enriquecedora experiencia, Cintia a Mar voltaron connosco con pilas recargadas e unha manchea de novos coñecementos e habilidades para fomentar a inclusión das distintas capacidades do alumnado na aula, sempre co obxetivo de acadar unha mellor convivencia e un ambiente favorable para a aprendizaxe de todas e todos. Como son de talante xenerosa e de recoñecida xentileza, compartirán toda esa nova sabedoría docente cos que ficaron.
 
001002003

BOLSAS MEC PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS. CONVOCATORIA 2023/2024

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
CURSO 2023-2024

 

BECAS MEC

Universitarios

PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2023-24

     O pasado día 15 de marzo foi publicada a Resolución da secretaría de estado de educación coa nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2023-2024.

    O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 27 de marzo ata o 17 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 2023-2024

Enlace coa entrada correspondente no blog da orientadora do centro 

 

INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS DO CURSO ANTERIOR 22-23

Para exercer recurso de reposición ou reclamación ás contías ou asignacións das bolsas do curso 22-23, deben seguirse as seguintes instrucións.

 

FIN DO PERÍODO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:

 

  • en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO NÚMERO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.

 

  • en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.


  • en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

  • en 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.

 

 

DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN: aqueles solicitantes que deixasen sen presentar a documentación para a baremación, deberán entregala na secretaría do centro entre o 23 de marzo e o 4 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 15 de maio, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut