Skip to Content

CURSO 2023-24. INICIO DE CURSO (1)

CURSO 2023-24

Comezo das clases no IES Plurilingüe Elviña

     Como xa saberán, o inicio do curso, dacordo co calendario escolar oficial (Orde do 3 de maio de 2023), será o vindeiro luns 11 de setembro. Ese día haberá clase normal con entrada ás 08:40 e saída ás 14:10.

    Ao longo desta semana iremos publicando nesta páxina web as informacións precisas para a organización do primeiro día de clase: paradas do transporte, horario e liñas dos autobuses, información sobre aulas e grupos, organización da entrada e da saída do alumnado, etc.

      Todas estas informacións serán comunicadas unicamente a través desta páxina e a través das comunicacións que o centro envíe por medio do servizo Abalar, segundo vaian definíndose e confirmándose. 

    Pregamos estean atentos ás publicacións se desexan estar informados.

Moitas grazas e feliz curso 2023-24!

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 26 de xullo a partir das 16:00 horas publicamos as listaxes de asignacións definitivas do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24. As listaxes poderán ser consultadas na aplicación de Fondolibros se os solicitantes dispoñen de certificación dixital ou chave 365. As listaxes poderán ser consultadas tamén no taboleiro da secretaría do IES Elviña a partir do día 27 en horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas).

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

 

FONDOLIBROS 2023-2024

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 12 de xullo a partir das 18:00 horas publicáronse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 13 ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 26 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: teñen os libros da convocatoria 22-23 sen devolver

d) matriculación pendente: os interesados non fixeron a matrícula (téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas).

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas. Estas subsanacións poden afectar ao reparto provisional de libros do resto de solicitantes.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 

ADMISIÓN FP BÁSICA 2023-24

 

ADMISIÓN DE FPBÁSICA

Resolución definitiva do proceso de proposta de alumnado

    Publicadas na aplicación as listaxes definitivas de alumnado asignado na FP de grao básico. O alumnado asignado deberá acudir ao centro de FP no que se lle destina para formalizar a matrícula*. As listaxes poderán ser consultadas tamén na secretaría do IES Elviña a partir do día 26 de xullo.

Enlace coas listaxes de asignación de ciclos de FPB

Listaxes de alumnado do IESP Elviña coa asignación

 

*O alumnado que aínda non recolleu a súa documentación de FP na secretaría do IES Elviña debe pasar a facelo á maior brevidade en horario estival de secretaría (10:00 a 13:00 horas)


Lexislación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23

Instrucións xerais para o curso 2023/2024 [Portal da FP]

 

 Prazos FPB

 

OBRAS NO CENTRO E RECOLLIDA DE BOLETÍNS

AVISO MOI IMPORTANTE

OBRAS NO CENTRO DESDE O

LUNS 26 DE XUÑO

 

     A partir deste luns 26 de xuño, a empresa construtora que realizará os traballos de reparación e substitución das cubertas e fachadas do IESP Elviña comezará o seu traballo de acondicionado e obra. Para realizar estes traballos, co permiso das autoridades educativas, ocupará a integridade do aparcamento do CEIP Alborada e do IES Elviña, que estará, por tanto, pechado a todo persoal alleo á obra. Esta circunstancia afectará todos os procedementos do centro a partir dese día, incluída a entrega de boletíns e a matrícula para o curso que ven. A empresa nos comunica varias informacións que trasladamos a continuación:

  • A cancela lateral de entrada pola Rúa Alexander von Humboldt estará permanentemente pechada ata o fin das obras (mes de agosto). Todos os interesados deberán acceder ao centro pola cancela de vehículos da R/ San José de Calasanz.

  • Non se poderá acceder con ningún vehículo ao aparcadoiro dos dous centros de ensino mentres duren as obras.

  • A empresa construtora habilitará un camiño de paso para acceder á Secretaría, único espazo que estará dispoñible ao público para realizar o proceso de matrícula nos días asignados a cada nivel educativo.

 

RECOLLIDA DE BOLETÍNS

POLO ALUMNADO

    O inicio das obras afectará tamén ao procedemento de entrega de boletíns ao alumnado. É importante que se sigan as instrucións seguintes para maximizar a seguridade e evitar aglomeracións.

A. A recollida de boletíns de cualificacións finais efectuarase ás 12:00 horas para todos os grupos. Prégase a máxima puntualidade e colaboración: chegar moi cedo é tan pouco recomendable coma chegar tarde.

B. O alumnado deberá entrar ao recinto pola cancela de vehículos a partir das 11:50 e pasar ao edificio sen entreterse, con orde e rapidez, seguindo as instrucións do profesorado que estea na entrada.

C. Os alumnos e alumnas irán á súa aula de referencia e agardarán aos docentes titores para recibir os boletíns finais e a documentación de matrícula para o vindeiro curso.

D. Unha vez recollidos os boletíns sairán co grupo sen demora polo mesmo camiño polo que entraron.

E. Os boletíns non recollidos poderán ser reclamados na secretaría do centro a partir do martes 27 de xuño.


Pregamos saiban desculpar estas molestias. O centro non ten ningunha capacidade de decisión respecto á temporalización e organización das obras.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut