Skip to Content

FONDOLIBROS 2023-2024

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DO
FONDOLIBROS 2023-24

 

Publicación de admitidos e excluídos

     O día 12 de xullo a partir das 18:00 horas publicáronse as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23. Lembren que:

A. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña a partir das 10:00 horas do día 13 ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

B. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas do día 26 de xullo.

C. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros poden estalo por distintas causas:

a) problemas cos datos fiscais: as bases de datos de facenda non reflicten datos fiscais dalgún membro da unidade familiar (deben aportar a documentación necesaria na secretaría do centro)

b) problemas coa documentación: deixaron sen entregar documentación necesaria

c) devolución de libros incompleta: teñen os libros da convocatoria 22-23 sen devolver

d) matriculación pendente: os interesados non fixeron a matrícula (téñase en conta que as persoas que formalizasen a matrícula o mesmo día 11 de xullo aparecen rexeitados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas).

e) outras causas de exclusión: deberá aportarse documentación necesaria, de ser o caso.


Subsanación de carencias ou erros

   Os solicitantes poderán subsanar as carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas. Estas subsanacións poden afectar ao reparto provisional de libros do resto de solicitantes.

Vales de material

    Os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do venres día 14 de xullo no horario de atención de verán (de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables). A secretaría pechará os días 24 e 31 de xullo e todo o mes de agosto.

 



page | by Dr. Radut