O pasado día 3 de Outubro celebreouse o día mundial das linguas. No noso instituto non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer un acto para conmemoralo. O Departamento de dinamización lingüística en colaboración cos departamentos de linguas do centro escolleu a alumnos e alumnas de varios cursos da ESO para ler polas distintas aulas poemas escollidos en diferentes linguas. A nosa compañeira do Departamento de lingua galega Patricia Varela preparou un vídeo con imaxes da actividade que podemos ver na súa conta de youtube. Velaquí o vídeo.
Concerto do Dúo "Nuestra herencia" e Jesús Alejandro Sánchez (Colombia)
O pasado 5 de Outubro tivo lugar no salón de actos do noso centro un concerto didáctico a cargo do dúo de guitarras "Nuestra herencia" e o solista de requinto Jesús Alejandro Sánchez. Este trío de músicos, procedente de Colombia, interpretaron ante os alumnos de 2º e 3º de ESO un conxunto de pezas que exemplican a riqueza e variedade dos ritmos e das músicas colombianas. Esta actividade insértase no Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa organizado pola asociación Pórtico das artes que se está a celebrar na cidade da Coruña durante o mes de Outubro. O Encontro está dirixido por Rosa González, quen actuou tamén como presentadora da actuación no IES Elviña.
Dúo "Nuestra herencia"
O dúo Nuestra Herencia é unha agrupación de música colombiana fundada no 2000 por iniciativa dos irmáns Juan Pablo e Felipe Andrés Sánchez Pena. Este grupo está especializado nos aires tradicionais de Colombia, e conxuga a tradición coas linguaxes musicais modernas. Foron galardoados coas máis altas distincións en concursos, festivais nacionais e internacionais, coma o Premio Nacional de Música para Producións Musicais Discográficas do Ministerio de Cultura de Colombia, e realizaron recitais e concertos en importantes escenarios de México, España, Francia e Portugal.
Jesús Alejandro Sánchez Pena
Aos seus 14 anos de idade é un virtuoso do requinto, instrumento propio da cultura andina colombiana. Desde moi neno explorou a música tradicional colombiana coa dirección dos seus irmáns Juan Pablo e Felipe Andrés Sánchez Pena. Na súa curta pero meritoria carreira conseguiu importantes galardóns nacionais e internacionais, como a obtención do Premio Iberoamericano “Novos Talentos” en Braga, Portugal, no ano 2016 e o máximo galardón do Concurso Nacional do Requinto Tuta Boyacá 2017.
O noso compañeiro Carlos Silva editou un vídeo da actuación, que compartimos desde a súa canle de Youtube.
Relación de libros de texto para o curso 22-23 proporcionada polas Xefaturas dos departamentos didácticos do centro.
OS DATOS DOS LIBROS SON OS QUE NOS PROPORCIONAN AS XEFATURAS DE CADA DEPARTAMENTO A Secretaría do centro non se fai responsable dos erros ou inexactitudes nos datos que figuran na listaxe. Para aclaracións, os interesados deberán acudir aos/ás xefes/as dos departamentos correspondentes
Actualizado a 01/07/2022 (libros de Matemáticas de 1º ESO e Relixión en 1º, 3º ESO e 1º BACH, correxido ISBN libro de BioXeo de 3º ESO, eliminada versión inglésa de Matemáticas en 3º ESO, modificado ISBN do libro de Física e química de 3º ESO, engadido o libro de exercicios de francés en 1º e 3º ESO, modificado ISBN do libro de Música de 2º ESO, eliminado o libro de Música de 4º ESO por indicación do Dpto.)
NOTA MOI IMPORTANTE: LEAN AS ANOTACIÓNS QUE FIGURAN NAS RELACIÓNS DE LIBROS. Recoméndase agardar a setembro para adquirir os libros de texto. Aínda que nas listaxes de libros búscase a maior exactitude, pode haber docentes que se incorporen en setembro que prefiran non utilizar os libros e proporcionar materiais propios a través da Aula Virtual, en pdf ou en dossier de fotocopia.
As imaxes e vídeos contidos nesta páxina web corresponden ás actividades desenvolvidas dentro da Programación anual de actividades do noso centro polo noso alumnado. Todas as familias e responsables legais do alumnado que aparece nelas asinaron coa matrícula un permiso específico para permitir a difusión destas imaxes a través da web do instituto ou a través das contas en espazos web e en redes sociais que son de titularidade do IES Plurilingüe Elviña. Asimesmo, familias e responsables están tamén informados do seu dereito de revogar esa autorización de uso de imaxe. Lémbrase que a descarga destes materiais visuais e o seu uso por terceiros fóra do estrito marco dos espazos e funcións permitidos pola autorización citada (isto é, a difusión meramente informativa das nosas actividades complementarias e extraescolares a través da páxina web oficial do centro e a través das contas das que o centro é titular) son ilegais, poden e deben ser denunciados. O IES Plurilingüe Elviña non se fai responsable do uso que se poida facer destas imaxes por terceiros fóra do ámbito dos espazos web que son da súa titularidade.