Skip to Content

Música

CURSO 2022-23. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CONTIDOS MÍNIMOS (CURSOS LOMCE)

DEPARTAMENTO

MÚSICA

NOTA: Esta información é un resumo da programación didáctica da materia que se enviou á inspección educativa proporcionada pola xefatura do departamento. A actualización das programacións didácticas é compentencia exclusiva de cada departamento didáctico, e a responsabilidade do seu cumprimento dos docentes que os integran, todo isto suxeito á supervisión de inspección educativa.

Voltar a Departamentos

ADAPTACIÓN DE CONTIDOS E CRITERIOS PARA A 3ª AVALIACIÓN

DEPARTAMENTO1º ESO2º ESO3º ESO4º ESO1º BACH2º BACH
MÚSICA--MúsicaMúsicaMúsicaLePMusical--

NOTA LEGAL: A actualización das programacións didácticas é compentencia exclusiva de cada departamento didáctico, e a responsabilidade do seu cumprimento dos docentes que os integran, todo isto suxeito á supervisión de inspección educativa; polo mesmo, debe axeitarse ao cumprimento das instrucións publicadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado 27 de abril (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936) e o resto de normativa en vigor.

Voltar a Departamentos

ENSAIOS DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

17 de xaneiro, 2020
09:30 horas
Vento do leste e choiva intensa 

Grupo expedicionario de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 2º de ESO do IES Elviña comandados polas xenerais de brigada Gemma López e Ana Rivera. Saíron en misión de aprendizaxe cara o Pazo da Ópera da cidade.

Misión: asistir á escoita (e desfrute) dun concerto de música clásica da OSG comandado polo director holandés Otto Tausk.
En programa: a estrea mundial da obra "sol, quizás, o nada" (título moi axeitado para este día) do compositor Hugo Gómez Chao e o  Concerto para dous pianos do compositor francés Francis Poulenc. Foron solistas os irmáns Lucas e Arthur Jussen, que tiveron moito éxito (non só musical). Amabilísimos, accederon a retratarse cos rapaces.

Misión cumprida con éxito!

010304

FIN DE TRIMESTRE NO IES ELVIÑA

O IES ELVIÑA
desexa Felices Festas

Como cada decembro, despedimos o ano co festival de Nadal. Gemma López encargouse da realización, con tanto éxito e gosto como de costume. O alumnado de todos os grupos traballou arreo para ofrecer a todo o público un espectáculo de calidade. 

festival

Houbo teatro, música de grupos, de solistas, e monólogos cómicos. Fallou o baile: os zapatos non chegaron a tempo... (...outra vez será!). O calor das actuacións tivo resposta no calor do público, que aplaudiu con gañas. Boa forma de rematar o ano. De últimas, proxectouse o vídeo das actividades coa felicitación da comunidade escolar para o ano que ven. Aí vai, cos nosos mellores desexos.

Boas festas e feliz aninovo
a todos e todas!

  

UN ANO MÁIS COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Comezado o curso musical, a extraordinaria Orquestra Sinfónica de Galicia volta coa súa oferta de ensaios públicos para centros escolares e concertos didácticos. Como xa é costume, o IES Elviña participa por obra e gracia da vontade inquebrantable da nosa benquerida Gemma, profesora de música e eventual acompañante ás saídas concertísticas dos nosos rapaces. Ao longo do curso, o noso alumnado poderá escoitar obras de moi diversos autores e estilos. A Guía dos concertos pode consultarse neste enlace.

     Neste mes, os alumnos de 2º ESO A puideron escoitar a fermosa Suite de valses do Cabaleiro da Rosa do vienés Richard Strauss e a pimpante Rapsody in Blue do neoiorquino George Gershwin, grande maestro da música popular norteamericana. Ambas obras foron dirixidas por Andrew Litton o día 16 de novembro. Na semana seguinte tocoulle o turno ao grupo de 2º ESO B, que, desta vez, escoitaron unha obra de talante ben distinto, a densa, profunda e tráxica 7ª Sinfonía Leningrado do máis ilustre e desesperanzado dos músicos soviéticos, o grande Dmitri. Outro Dmitri (tamén grande, pero non tanto...) actuou como director da OSG, o seu titular, Dima Slobodeniouk. Os rapaces ficaron con gañas de máis...

Outra vez será!

2b

Distribuir contido


by Dr. Radut