Skip to Content

UN ANO MÁIS COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Comezado o curso musical, a extraordinaria Orquestra Sinfónica de Galicia volta coa súa oferta de ensaios públicos para centros escolares e concertos didácticos. Como xa é costume, o IES Elviña participa por obra e gracia da vontade inquebrantable da nosa benquerida Gemma, profesora de música e eventual acompañante ás saídas concertísticas dos nosos rapaces. Ao longo do curso, o noso alumnado poderá escoitar obras de moi diversos autores e estilos. A Guía dos concertos pode consultarse neste enlace.

     Neste mes, os alumnos de 2º ESO A puideron escoitar a fermosa Suite de valses do Cabaleiro da Rosa do vienés Richard Strauss e a pimpante Rapsody in Blue do neoiorquino George Gershwin, grande maestro da música popular norteamericana. Ambas obras foron dirixidas por Andrew Litton o día 16 de novembro. Na semana seguinte tocoulle o turno ao grupo de 2º ESO B, que, desta vez, escoitaron unha obra de talante ben distinto, a densa, profunda e tráxica 7ª Sinfonía Leningrado do máis ilustre e desesperanzado dos músicos soviéticos, o grande Dmitri. Outro Dmitri (tamén grande, pero non tanto...) actuou como director da OSG, o seu titular, Dima Slobodeniouk. Os rapaces ficaron con gañas de máis...

Outra vez será!

2b



page | by Dr. Radut