Calendario de 2º BACH ata as probas ABAU 2023
O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 15 de maio e recibirá os boletíns da avaliación final o día 16 de maio. O alumnado que titule, de acordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula na secretaría do centro para as probas de selectividade (ABAU) entre o 18 e o 22 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:
ABAU PROBA ORDINARIA |
DATA | PROCEDEMENTO | LUGAR | RESPONSABLE |
18 a 22 de maio | Prematrícula para as probas ABAU 2023 | Na secretaría do instituto e a través de NERTA | Alumnado aspirante |
23 e 24 de maio | Matrícula para as probas ABAU 2023 | Nos LERD | Servizos administrativos do instituto |
6 a 8 de xuño | Realización das probas ABAU 2023 | EU DE ENXEÑERÍA DE CAMIÑOS (Campus Elviña) | Alumnado aspirante |
15 de xuño | Cualificacións provisionais ABAU | NERTA | -- |
16-20 de xuño | Solicitude de revisións | NERTA | Alumnado |
23 de xuño | Cualificacións definitivas ABAU | NERTA | -- |
* * *
ABAU PROBA EXTRAORDINARIA |
DATA | PROCEDEMENTO | LUGAR | RESPONSABLE |
27-28 de xuño | Prematrícula para as probas extraordinarias ABAU 2020 | Na secretaría do instituto | Alumnado aspirante |
28-29 de xuño | Matrícula para as probas extraordinarias ABAU 2020 | Nos LERD | Servizos admnistrativos do instituto |
11 a 13 de xullo | Realización das probas extraordinarias ABAU 2020 | Por determinar | Alumnado aspirante |
* * *
DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA
A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)
B. Procedemento de matrícula ABAU:
Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA
C. Instrucións para o uso de NERTA
* * *
PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO
Todo o alumnado que titule en 2º Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharel e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria asociada. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:
A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas (premer en "Iniciar Tasa" e "Descargar modelo". O impreso tamén pode atoparse nas oficinas de ABANCA)
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso
* * *
MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU
As modificacións establecidas para o curso 2020 manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].
Parámetros de ponderación para o curso actual