Skip to Content

EXPERIENCIA "JOB SHADOWING" NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

ITALIA no IES Plurilingüe Elviña
(Job-Shadowing
de cuatro docentes italianas)

    Dentro do proceso de internacionalización no que o IES Plurilingüe Elviña leva traballando tres cursos, a pasada semana estableceuse un convenio de colaboración co *Instituto de Formación Europeo IFE María Pita para a realización dun programa de Job Shadowing financiado pola UE dentro dun programa “Erasmus+ Acción Clave 1: Movilidad de las personas por motivo de aprendizaje".

     As experiencias Job Shadowing consisten na recepción de docentes doutros países da Unión durante un determinado período de tempo coa finalidade de coñecer e compartir a experienza educativa ou a perspectiva didáctica dos distintos países.

J-S-2

    Nesta ocasión, recibimos a visita de catro colegas procedentes de distintos centros de ensino italianos, todos eles da fermosa e venerable vila de Florencia (Firenze): l'Istituto di Istruzione Superiore “Giuseppe Peano”, l'IISS Calamandrei di Sesto Fiorentino e il Liceo "Agnoletti" di Sesto Fiorentino.

     Durante catro xornadas lectivas, tivemos, pois, a visita de catro docentes italianas que nos fixeron compaña nas distintas aulas da clase, informándose do noso xeito de traballar e compartindo connosco as súas impresións sobre as metodoloxías didácticas de Italia e España.

     As catro compartiron o espazo educativo do noso centro durante os días 5, 6 e 10 de outubro, entrando nas aulas cos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato, asistindo a clases de diferentes áreas e participando activamente nalgunha delas (houbo alumnos que aproveitaron para facerlles unha entrevista en inglés ou para pedirlles algunha receita de pratos típicos da gastronomía itálica para o xornal escolar, famentos por aprender a receita auténtica da carbonara ou dos spaghetti cacio e pepe).

     Finalmente, o pasado martes 11 de outubro de 2022 abandoaron o noso centro Annarita Casalino (Lingua Española), Monica Miglio (Lingua inglesa e Turismo), Serena Mazzotta (Filosofía e Historia) e Mara Mengoni (Lingua inglesa). Leváronse -iso esperamos- ademais da impresión académica esixida polo seu labor educativo, a hospitalidade e o afecto dos docentes e do alumnado do noso centro.

Ciao, amiche!

*      *     *

* El Instituto de Formación Europeo María Pita ha actuado como organización intermediaria entre las escuelas participantes y forma parte del proyecto citado previamente, reconocido y aprobado por la respectiva Agencia Nacional del programa Erasmus+.

Agradecemos a Almudena Fernández Martínez, su directora, que haya contado con nosotros, una vez más, para esta experiencia de colaboración internacional. El objeto de este convenio de colaboración ha sido la adquisición por parte de las docentes italianas de aquellas competencias profesionales necesarias para el continuo desarrollo de su profesión, a través de la observación y el intercambio de información con nuestro profesorado del mismo ámbito y sector educativo.

VALES EXTRAORDINARIOS DE MATERIAL (FONDOLIBROS 2022-23)

CONCESIÓN DE VALES DE MATERIAL EXTRAORDINARIOS DO FONDOLIBROS 2022-23

    A Xunta de Galicia comunica aos centros oficialmente que en datas próximas procederá á asignación directa dun vale de material extraordinario por valor de 25 € a todos os participantes do Fondolibros 2022-23 que xa recibiran o vale de 50 € asignado ata agora. A concesión do novo vale será directa e sen ter que facer xestión algunha por parte das familias e terá efecto desde o día seguinte á publicación da nova normativa no DOG.

     Avisarase proximamente a través de ABALAR unha vez que os vales estean dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro.

 

 CONTÍA 25 EUROS
 TRAMITACIÓN Automática para todos os que recibiron o vale anterior
 RECOLLIDA

 Na secretaría do centro a partir do día seguinte
 á publicación no DOGA da orde de pago
(AVISARASE POR ABALAR)

 

 

PREMIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL ESO 2021-22

Convocatoria dos premios ao esforzo e á superación persoal na ESO (curso 21-22)

     O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022. O alumnado interesado en participar nesta convocatoria do premio debe facelo mediante instancia persoal presentada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, co código de procedemento ED311E.

 

      Segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de setembro.

 

INICIO DO CURSO 22-23 (2). PROCEDEMENTO DE ENTRADA DO PRIMEIRO DÍA

Xornada de inicio Curso 22/23

*     *     *

Imaxe1


    Este xoves día 8 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:30 entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde terán unha sesión inicial cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. O titor informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso.

b) ás 08:40, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO para unha recepción no salón de actos, onde o director, a xefa de estudos, a orientadora e os titores de cada grupo farán unha presentación en común do centro.

A partir desta sesión inicial, haberá clase normal en todos os cursos ata as 14:10 horas, hora de saída.


TRANSPORTE ESCOLAR

     Nesta primeira xornada escolar haberá transporte escolar. No centro estamos pendentes de que as compañías de buses contratadas pola Consellería de educación confirmen o horario das paradas. Unha vez esta confirmación se produza, ao longo da mañá do día 7 de setembro publicaremos os cadros de liñas e horario que nos trasladen neste mesmo espazo web.

     Debe terse en conta que os primeiros días soe haber desaxustes co transporte polo que é fundamental que:

a) só o alumnado que solicitou parada no momento de formalizar a matrícula ten dereito a transporte

b) o alumnado debe utilizar única e exlcusivamente a parada solicitada nos impresos de matrícula

c) o alumnado estea na súa parada con antelación

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DO
FONDOLIBROS 2022-23

Publicación das listaxes

    Desde o día 22 de xullo as listaxes definitivas de asignación de libros de textos do fondo solidario 2022-23 están dispoñibles a través da Aplicación Fondolibros (sección cidadáns, accesible coa chave 365 ou con certificación electrónica). As listaxes impresas poderanse consultar na secretaría do centro a partir do martes 26 de xullo no horario de verán (10:00 a 13:00 horas). As listaxes definitivas asumen todas as correccións derivadas do período de reclamacións tras da publicación das listaxes provisionais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut