ESTANCIA EN CANADÁ DENTRO DO
PROGRAMA PIALE
A nosa compañeira María Sancosmed, ben coñecida docente do Departamento de matemáticas, realizou unha estancia formativa en Ottawa (Canadá) do 9 de novembro ao 6 de decembro pasados. A finalidade da súa estanza neste fermoso país norteamericano foi a de mellorar a súa competencia lingüística e comunicativa en inglés dentro do Programa integral de aprendizaxe de linguas extranxeiras (PIALE) convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.
Durante as catro semanas que durou a súa estanza en terras canadianas, María conviviu cunha familia en Ottawa e integrouse na vida escolar da Ridgemont High School pertencente ao Distrito escolar de Ottawa-Carleton. Ademais de colaborar co Departamento de matemáticas deste centro, tivo a ocasión de asistir a clases doutras materias, o que lle permitiu coñecer o sistema educativo de Canadá e tamén novas actividades e metodoloxías para aplicar nas súas clases.