Skip to Content

Premio

Premio Luis Freire 2013

Premio Luís Freire. O equipo do IES David Buján conseguiu o segundo posto.

O Equipo formado por Rodrigo Ramos, Nacho Ruiz e Martín Patiño, alumnos de 3º diso do IES David Buján, foron galardonados co Segundo premio no Concurso Luís Freire de ciencia para escolares, co traballo titulado "Cal é o mellor método para provocar o bostezo?"

Felicidades campións!!
O pasado sábado 8 de xuño, tras unha mañá chea de experiencias e emocións, os tres alumnos de terceiro de eso defenderon ante un tribunal, formado por profesores de Universidade, técnicos dos museos científicos e profesores de primaria e secundaria, o seu traballo científico relacionado coa inducción ao bostezo. Unha vez finalizada a exposición do seu traballo foron sometidos a diferentes preguntas por parte do xurado.

Con este evento ponse fin a un traballo comezado por estes alumnos hai dous anos, durante os cales levaron a cabo preto de 200 entrevistas e 150 sesións de vídeo e audio cos seus pacientes compañeiros de instituto.



Grazas pola vosa colaboración!!
Distribuir contido


by Dr. Radut