blogue deBioloxía e Xeoloxía
Gañadores da competición ViSH
Enviado por Bioloxía e Xeoloxía o Mér, 08/01/2014 - 06:48
A plataforma de recursos de ciencia "Virtual Science Hub" (ViSH), organizou unha competición para premiar as experiencias mais atractivas subidas ao seu portal. A devandita competición presentáronse centros de ensino, investigación e divulgación de toda Europa. Segundo os organizadores, os evaluadores seguiron a avaliación baseándose no estandar LORI (Learning Object Review Instrument) e as e-Excursions ou Excursións virtuais acadaron un elevado nivel en canto a contidos e forma.
Os alumnos de 2º de bacharelato da materia de Xeoloxía do noso centro, obtiveron o primeiro premio absoluto e o primeiro premio na categoría de Estudos medioambientais ca súa e-Excursion "Guía de identificación de minerais mediante códigos QR". Unha representación de alumnos recollerá o premio en Bruxelas durante o mes de xaneiro de 2014.
Parabéns aos premiados!
Premio Luis Freire 2013
Enviado por Bioloxía e Xeoloxía o Mar, 11/06/2013 - 11:16O Equipo formado por Rodrigo Ramos, Nacho Ruiz e Martín Patiño, alumnos de 3º diso do IES David Buján, foron galardonados co Segundo premio no Concurso Luís Freire de ciencia para escolares, co traballo titulado "Cal é o mellor método para provocar o bostezo?"
Con este evento ponse fin a un traballo comezado por estes alumnos hai dous anos, durante os cales levaron a cabo preto de 200 entrevistas e 150 sesións de vídeo e audio cos seus pacientes compañeiros de instituto.
Día de la Ciencia en la Calle
Enviado por Bioloxía e Xeoloxía o Ven, 17/05/2013 - 13:15Día de la Ciencia en la Calle. Coma sempre diversión e Ciencia van unidas a este día.
Durante o mesmo "Dia de la Ciencia en la calle" varios alumnos do IES David Buján participaron no concurso Cocacoleando, unha Yincana por toda Coruña, tentando solucionar problemas máis ou menos complicados relacionados, por exemplo, cos Museos Científicos. Onte 14 de maio, o xurado fixo público o resultado do concurso, resultando gañadoras dúas alumnas do noso centro: Lucía Calviño e Carmen Montes. Velaiquí reportaxe dos participantes no concurso e as nosas gañadoras. Noraboa polo voso esforzo e traballo!!
Día de la Ciencia en la Calle
Enviado por Bioloxía e Xeoloxía o Ven, 17/05/2013 - 13:14Día de la Ciencia en la Calle. Coma sempre diversión e Ciencia van unidas a este día.
Durante o mesmo "Dia de la Ciencia en la calle" varios alumnos do IES David Buján participaron no concurso Cocacoleando, unha Yincana por toda Coruña, tentando solucionar problemas máis ou menos complicados relacionados, por exemplo, cos Museos Científicos. Onte 14 de maio, o xurado fixo público o resultado do concurso, resultando gañadoras dúas alumnas do noso centro: Lucía Calviño e Carmen Montes. Velaiquí reportaxe dos participantes no concurso e as nosas gañadoras. Noraboa polo voso esforzo e traballo!!
Día de la Ciencia en la Calle
Enviado por Bioloxía e Xeoloxía o Ven, 17/05/2013 - 13:13Día de la Ciencia en la Calle. Coma sempre diversión e Ciencia van unidas a este día.