Skip to Content

Visita ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O pasado martes 17 de xaneiro de 2023 o alumnado de 1º de bacharelato visitou o TSXG, nunha saída organizada polo departamento de Filosofía e encadrada no marco do programa "Educar en xustiza".

Á nosa chegada fixemos unha visita guiada polo Palacio de Xustiza, edificio proxectado polos arquitectos Ricardo Boán y Julio Galán que data do 1929. Os estudantes tiveron ocasión de coñecer os espazos máis emblemáticos do lugar, e algúns mesmo aproveitaron a sala de xuízos para resolver os seus asuntos pendentes.

A continuación asistimos a unha clase maxistral da man do presidente do tribunal José María Gómez y Díaz-Castroverde, quen tras explicarnos algúns aspectos básicos do funcionamento do sistema xudicial español, non escatimou tempo en responder a tódalas dúbidas dos nosos estudantes. Esta oportunidade permitiunos de falar sobre as diferenzas entre o Tribunal Constitucional e o Poder Xudicial, as vantaxes de optar polos estudos de Dereito, e mesmo de aclarar as controversias actuais respecto das leis máis recentes do noso país. 



blog | by Dr. Radut