A miña palabra galega preferida
Desta volta, e para rematar o curso, queremos saber cales son as palabras galegas que máis gustan no noso centro. Poden ser elixidas pola súa sonoridade, ou ben polo poder evocador do seu significado, ..., porque todas elas recollen a esencia do galego. Pois como di o himno das Irmandades da Fala creado por Manuel Lugrís: “Na fala galega vive a ialma da nosa terra”.
Para iso hai que enviar un vídeo (mp4) á conta o EDLG ( edlg@iesdavidbujan.gal, co asunto A miña palabra galega preferida) do centro dicindo a túa escolla e dando unha explicación da mesma. Podes comentar calquera cousa, dicir o seu significado, dar exemplos de uso, podes lembrar algunha anécdota, podes falar de quen a emprega, ... Lembra que se debe ver a palabra escollida no vídeo (escríbea nun papel e móstraa ou sobreimpresiónaa).
Poden participar todos os membros da comunidade educativa e o prazo para recoller as achegas remata o 17 de xuño.
Gañarán (puntos do EDLG e peperetes de Aurora) os que envíen os mellores vídeos ( máis amenos, divertidos, os que teñen unha mellor fonética, ...). Entre todas as palabras recibidas sortearase unha camiseta do Reizentolo (a escoller entre as que haxa).
Participa!!
Campa coa túa camiseta nova!!