Skip to Content

Publicación Fondo Solidario de libros de texto curso 2021/2022

Xa están publicadas as listaxes definitivas do Fondo Solidario cos libros de texto que lle corresponden a cada alumno/a.

Os que fixeron a solicitude a través da aplicación poden acceder á información accedendo á aplicación no menú "Cidadán". 

O día da presentación, os/as titores/as repartirán ao alumnado o resgardo cos libros asignados, que deberán devolver asinado polo solicitante, ao titor/a do grupo. Unha vez recibido o resgardo asinado, o/a titor/a fará entrega do pack de libros directamente ao alumnado.

Ao alumnado que teña libros pendentes de adquisición, entregaránselle o antes posible.

Presentación grupos e protocolo de entrada e saída

Todo o alumnado ten a presentación mañá mércores 15 de 12:30 a 13:30 na aula adxudicada según a notificación que recibirán pola plataforma Abalar.

Adxúntase o plano de distribución de aulas deste curso 2021/2022 e as portas de entrada/saída según a ubicación da aula de referencia (atendendo ao código de cores).

Todo alumnado acudirá ao centro con máscara, bolígrafo e caderno onde tomar anotacións. Evitarán formar aglomeracións, entrando pola porta asignada según o plano e movéndose seguindo a sinaléctica.

Horario curso escolar 2021/2022 e presentación mércores 15 de setembro

O horario do centro do curso 2021/2022, tanto para ESO como para Bacharelato, volve a ser o horario aprobado por Xefatura Territorial para os cursos previos á pandemia,

de 8:30 - 14:10, tarde do luns de 16:30 - 18:10


A presentación do curso 2021/2022 é o mércores 15 de setembro de 12:30 a 13:30, para todo os cursos, na aula de referencia e co titor/a correspondente. O día da presentación haberá servizo de transporte escolar.

Neste curso 2021/2022, non haberá servizo de cafetería os luns ao mediodía para o alumnado, e o centro permanecerá pechado nesa franxa horaria, excepto para aquelas actividades organizadas por algún profesor/a, previamente comunicada e autorizada polas familias.

Calendario de setembro 2021

DATAS DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

EXAMES DE SETEMBRO

mércores 1 e xoves 2

Ver calendario adxunto.

RECOLLIDA DE NOTAS POLO ALUMNADO

luns 6

Ás 10:30 na aula do grupo.

ENTREGA DO FONDO LIBROS

luns 6, coa recollida de notas

En bolsa de plástico pechada co nome e apelidos, curso e grupo do alumno/a.

REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS

luns 6 e martes 7

De 9:30 a 13:30

MATRÍCULA CURSO 2021/2022 E RECOLLIDA LIBROS DE PRÉSTAMO DA ANPA

 

martes 7

 

De 9:00 a 14:00

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022

Dende o 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, ábrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional. 

Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Bujansat equipo gañador do concurso nacional da Axencia Espacial Europea

O equipo Bujansat, formado polos alumnos: Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e os seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez, foron o equipo gañador da fase nacional do certame Cansat da área educativa da ESA (Axencia Espacial Europea), celebrado o 14 e 15 de xullo no Parque das Ciencias en Granada.

O seguinte paso, a final europea. Bujansat representará a España na competición contra outros países da Unión Europea. 

Publicación da listaxe provisional do Fondo Solidario de libros de texto

Xa se pode consultar no centro a listaxe provisional de admitidos do Fondo Solidario de libros de texto.

O prazo de reclamacións é de dous días tras a publicación da listaxe, ata o 13 de xullo.

A listaxe definitiva publicaranse con data límite 15 de setembro.

Premio ao Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística polo seu proxecto "Ler é só o principio"

O proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística do EDNL do IES David Buján, "Ler é só o principio", obtivo a consideración de excelente pola Consellería de Educación e foi premiado cunha dotación económica. A resolución no seguinte ENLACE.

Noraboa a súa coordinadora, Irene De Concepción, e ao profesorado e alumnado colaborador. 

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

XOVES 1 DE XULLO:

  •  Período de matrícula de 1º e 2º ESO, de 9:30 – 13:30h.

 VENRES 2 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 3º e 4º ESO, de 9:30 – 13:30h.

LUNS 5 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 1º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

MARTES 6 DE XULLO:

  • Período de matrícula de 2º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.

Os días de matrícula recolleranse dos libros de texto de préstamo do ANPA.

Para facer a matrícula, os titores legais asinarán os seguintes impresos que se adxuntan. Este curso, o impreso de elección de  materias segundo a prematrícula xa cuberta, facilitarase en administración para ser asinado no momento.

En xuño só se matricula o alumnado que superaran todas as materias. O resto farano en setembro.

Documentación a presentar coa matrícula 2021/2022

Datos matrícula 2021/2022

Autorizacións xerais matrícula

Transporte escolar 

Acreditación de nivel lingüístico para o alumnado de 4º ESO e bacharelato do curso 2021/2022

A consellería acaba de publicar a posibilidade de acreditar o nivel de competencia lingüística en lingua extranxeira nos niveis B1, B2 ou C1.

As probas realizaranse, preferentemente, durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022.

O alumnado que curse 4º ESO, 1º ou 2º de bacharelato no curso 2021/2022, interesado en realizar as probas de acreditación debe entregar o seguinte compromiso asinado o día de recollida das notas (24 de xuño) na administración do centro.

Compromiso para a realización da probas de nivel lingüístico

Tedes toda a información na orde na consellería, pinchando no seguinte ENLACE.

Distribuir contido


by Dr. Radut