Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 10/12/2012 12:42
Coa chegada do nadal chega ao centro o Concurso de Nadais. Anímate e participa. BASES 1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no curso 2012-13 no centro. 2.- As creacións deberán cumprir os seguintes requisitos: * As dimensións da tarxeta serán en A5 (14,5 X 21 cm =unha cartolina A4 dobrada á metade). Poderá realizarse tanto en sentido vertical como horizontal. *A felicitación constará dunha parte gráfica e dun texto, que se valorarán en conxunto. Valorarase a orixinalidade, a extensión e a corrección do texto. * Pódense empregar calquera lingua, pero deberá figurar tamén o texto en lingua galega, integrado na propia felicitación. * Os textos que non sexan correctos serán descalificados. * As composicións deberán ser orixinais. * A técnica será totalmente libre (collage, superposición de materiais, pinturas, … ) * O nadal irá sen sinatura e ao dorso da mesmo figurará un lema ou pseudónimo. Nun sobre á parte figurarán os datos do/da autor/a 3.- Non existe limitación en canto ao número de traballos presentados. 4.- Establécense varias categorías e cada unha terá premios. O centro poderá empregar un dos nadais para as súas felicitacións, sempre indicando a autoría. CATEGORÍAS:
A – Alumnado de 1º e 2º da ESO. B.‐ Alumnado de 3º e 4º da ESO e PCPI C.‐ Alumnado de Bacharelato 5.- A data límite de presentación dos traballos será o LUNS 10 de decembro. 6. Os traballos poden ser entregados ao profesorado da materia. Os alumnado restante farano no Departamento de Dinamización Lingüística. 7.- A decisión do xurado, que estará composto por profesorado persoal non docente e alumnos/as, será inapelable e será notificado persoalmente aos gañadores. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio, se as nadais presentadas ao concurso non tiveran a calidade suficiente. 8.- Realizarase unha exposición cos traballos presentados, que quedarán á disposición do Centro. 9.- A participación neste concurso supón a total aceptación das bases que o rexen.
|