Skip to Content

Concurso de nadais

10/12/2012 12:42
Etc/GMT+1


 


Coa chegada do nadal chega ao centro o Concurso de Nadais. Anímate e participa.


BASES


 1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no curso 2012-13 no centro.


2.- As creacións deberán cumprir os seguintes requisitos:


* As dimensións da tarxeta serán en A5 (14,5 X 21 cm =unha cartolina A4 dobrada á metade). Poderá realizarse tanto en sentido vertical como horizontal.


*A felicitación constará dunha parte gráfica e dun texto, que se valorarán en conxunto. Valorarase a orixinalidade, a extensión e a corrección do texto.


* Pódense empregar calquera lingua, pero deberá figurar tamén o texto en lingua galega, integrado na propia felicitación.


* Os textos que non sexan correctos serán descalificados.


* As composicións deberán ser orixinais.


* A técnica será totalmente libre (collage, superposición de materiais, pinturas, … )


* O nadal irá sen sinatura e ao dorso da mesmo figurará un lema ou pseudónimo. Nun sobre á parte figurarán os datos do/da autor/a


3.- Non existe limitación en canto ao número de traballos presentados.


4.- Establécense varias categorías e cada unha terá premios. O centro poderá empregar un dos nadais para as súas felicitacións, sempre indicando a autoría.




CATEGORÍAS:



 


A – Alumnado de 1º e 2º da ESO.


B.‐ Alumnado de 3º e 4º da ESO e PCPI


C.‐ Alumnado de Bacharelato


5.- A data límite de presentación dos traballos será o LUNS 10 de decembro.


6. Os traballos poden ser entregados ao profesorado da materia. Os alumnado restante farano no Departamento de Dinamización Lingüística.


7.- A decisión do xurado, que estará composto por profesorado persoal non docente e alumnos/as, será inapelable e será notificado persoalmente aos gañadores. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio, se as nadais presentadas ao concurso non tiveran a calidade suficiente.


8.- Realizarase unha exposición cos traballos presentados, que quedarán á disposición do Centro.


9.- A participación neste concurso supón a total aceptación das bases que o rexen.


 



event | by Dr. Radut