HORARIO
Segundo a Orde de 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023, a actividade lectiva en ESO e Bacharelato dará comezo o XOVES, 8 DE SETEMBRO, NO HORARIO HABITUAL DO CENTRO, é dicir, polas mañás de 8:30 a 14:10 de luns a venres e a tarde do luns de 16:30 a 18:10.
TRANSPORTE ESCOLAR
O servizo de transporte estará operativo desde o primeiro día.
Á espera da valoración das solicitudes presentadas e á asignación das prazas sobrantes aos “usuarios excepcionais” de bacharelato, inicialmente, soamente poderá facer uso do transporte escolar o alumnado da ESO, tanto o considerado “usuario lexítimo” (alumnado escolarizado no centro que lle corresponda polo seu domicilio) como o considerado “usuario excepcional”. O alumnado de Bacharelato, pola súa condición de “usuario excepcional”, deberá esperar á asignación das posibles prazas sobrantes.
Os listados actualizados do alumnado con dereito a transporte escolar publicaranse no taboleiro do centro á maior brevidade posible.
“Segundo a Instrución conxunta 1/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sobre a xestión do servizo de transporte de escolar para o curso 2022-2023: Serán usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa”.
RECEPCIÓN DO ALUMNADO O XOVES 8
Alumnado de 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO, 1ºBAC e 2ºBAC
- Entrada graduada entre 08:15 e 08:30 á aula do grupo que lle corresponda, onde agardarán polo titor/a.
- De 08:30 a 10:10 os titores realizarán as presentacións ao alumando e se procederá ao reparto de libros de texto.
- De 10:30 a 14:10 o alumnado terá clase no seu horario habitual
Alumnado de 1ºESO
- Entrada ás 08:30 acompañados das súas titoras que os conducirán cara o salón de actos.
- De 08:30 a 10:10 os titores realizarán as presentacións ao alumando, a coordinadora Edixgal informará sobre o uso dos portátiles e se presentará o equipo de convivencia do centro.
- De 10:30 a 14:10 o alumnado de 1ºA e 1ºB terá clase no seu horario habitual. O alumnado de 1ºC terá clase en horario habitual a partir das 11:20.
PLANO DO CENTRO
GRUPOS
Alumnado de 3ºESO, 4ºESO, 1ºBAC e 2ºBAC
Dende hoxe, martes 6, xa se pode consultar o grupo no que está cada alumno na aplicación abalarMóbil.
Alumnado de 2ºESO
Poden consultar o seu grupo no perfil de usuario na aula virtual.
Alumnado de 1ºESO
Serán distribuídos polas titoras o día da presentación.
Tamén se poden consultar as listas na entrada do centro.