blogue deadmin
Concurso de microrrelatos co número PI
Enviado por admin o Lun, 24/04/2017 - 15:41
Bases da convocatoria no centro educativo
Presentación
Enviado por admin o Lun, 30/01/2017 - 08:06
CICLO MEDIO :ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS.
PRIMEIRO CURSO
Módulo profesional: sistemas de transmisión e freada (STFr)
Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen no sistema de transmisión (embrague, caixa de cambios, caixa de transferencia, árbores de transmisión, …) e no sistema de freada (freo de servizo de disco e de tambor, freo de estacionamento, freo de emerxencia, freo automático, sistemas de ABS, …)
Módulo profesional: Circuítos de fluídos suspensión e dirección (CFSD).
O módulo de Circuítos de fluídos suspensión e dirección pertencente ó ciclo de grao medio de Transporte e mantemento de vehículos e organízase en tres bloques chamados unidades formativas:
- MP0454_13 Circuítos de fluídos.
- MP0454_23 Sistemas de suspensión.
- MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.
Os contidos que se tratan nesta unidades formativas son os seguintes:
- MP0454_13 Circuítos de fluídos.
- Leis de hidráulica e pneumática. Estudio das magnitudes e leis fundamentais da hidráulica e pneumática.
- Elementos de hidráulica e pneumática. Estudio los elementos de hidráulica e pneumática.
- Circuítos hidráulicos e pneumáticos básicos. Interpretación, deseño e montaxe de circuítos hidráulicos e pneumáticos.
- Seguridade e xestión ambiental no taller I. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental I.
- MP0454_23 Sistemas de suspensión.
- Suspensión convencional. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión convencional.
- Suspensión con regulación de altura. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión con regulación de altura.
- Suspensión pilotada electrónicamente. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión pilotados electrónicamente.
- Seguridade e xestión ambiental no taller II. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental II.
- MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.
- A Roda. Características, avarías e reparación das rodas.
- A Dirección. Características e funcionamento dos sistemas de dirección. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección.
- A Dirección asistida. Características e funcionamento dos sistemas de dirección asistida. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección asistida.
- Seguridade e xestión ambiental no taller III. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental III.
MÓDULO PROFESIONAL: MOTORES (MOT)
Neste módulo tratase de analizar de maneira teórica a composición, funcionamento, reparación e mantemento dos distintos tipos de motores utilizados en vehículos ,así como o desenrolo de tarefas prácticas e actitudinais relacionadas co módulo ulizando equipos de comprobación como Metroloxía e equipos especiais para esta finalidade.
MODULO PROFESIONAL: TÉCNICAS DE MECANIZADO NO MANTEMENTO DO VEHÍCULO (TMMV)
Neste módulo impartense coñecementos de materiais metálicos utilizados nos vehículos , así como as tecnicas e ferramentas axeitadas para mecanizalos, como por exemplo.: Ferramentas manuais, taladros, torno, etc
MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS DE CARGA E ARRANQUE
Este módulo impártese no primeiro curso do ciclo medio de electromecánica de vehículos. Con él preténdese darlle o alumno as primeiras ferramentas para o estudio do sistema eléctrico do coche, explicándolle dende os conceptos básicos de electricidade e introducíndoo específicamente no sistema eléctrico dos automóbiles.
As unidades impartidas neste módulo abarcan:
Unidade |
Título |
Resumo de contido |
1 |
Conceptos, magnitudes e leis fundamentais da electricidade |
Exposición dos conceptos e magnitudes máis importantes da electricidade. |
2 |
Leis fundamentais da electricidade e acoplamento de resistencias |
Estudo da relación entre as distintas magnitudes eléctricas. |
3 |
Aparellos de medida |
Funcionamento e manexo dos instrumentos de medida e aplicación en circuítos. |
4 |
Circuítos e compoñentes eléctricos básicos. Avarías. |
Clasificación dos compoñentes eléctricos, aplicacións e conexionado dos mesmos e avarías. Realización de montaxes eléctricos analóxicos. |
5 |
Electrónica analóxica. Compoñentes. Funcionamento, características, aplicacións e avarías. |
Estudo da electrónica analóxica (compoñentes, aplicacións e avarías). Realización de montaxes eléctricos analóxicos. |
6 |
Álxebra de Boole, portas lóxicas, dispositivos dixitais e aplicacións. |
Exposición das bases da electrónica dixital. Realización de montaxes eléctricos dixitais. |
7 |
O electromagnetismo: Fenómenos e aplicacións. Máquinas eléctricas. |
Estudo dos fenómenos electromagnéticos e as súas aplicacións. |
8 |
Acumuladores para automoción: Baterías |
Estudo da batería: Características, distintos montaxes e tipos. |
9 |
Circuíto de arranque do motor. |
Análise do circuíto de arranque do vehículo. |
10 |
Circuíto de carga do vehículo. |
Estudo do alternador. |
SEGUNDO CURSO
Módulo profesional: sistemas de seguridade e confortabilidade (SSCo)
Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen nos sistemas de confortabilidade no habitáculo (calefacción, aire acondicionado, climatización,…), sistemas de audiovisuais de comunicación e confort (equipos de son, multimedia, mans libres de telefonía, alarmas antirroubo, …) e sistemas de seguridade pasiva (airbag, pretensores,…)
Módulo profesional: Circuítos Eléctricos Auxiliares do Vehículo
No módulo traballaremos cos circuítos eléctricos auxiliares do vehículo (circuítos de iluminación, sinalización e acústicos, información e control, computadores de abordo e cadros de instrumentos e de axuda a condución) vendo os seus compoñentes, localizando avarías, facendo o seu mantemento e novas instalacións. E estudaremos as redes multiplexadas dos vehículos actuais como forma de comunicación entre centraliñas.
MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS AUXILIARES DO MOTOR: S.A.M.O.
Con este módulo pretendese unha formación xeralista sobre os diferentes sistemas de acendido por chispa,sistemas de inxección de gasolina , diésel e turbo.
O número de sesión semanais é de 14.O total se sesión repartidas o longo do curso é de 293, das cales 147 adicanse a sistemas de motores Otto(gasolina) e 146 sesións o motores Diesel.
No módulo trátanse contidos tanto prácticos como teóricos e tamén se valora a actitude no desenvolvemento da materia.Trátase de poder diagnosticar,reparar e ,se fora preciso substituir os elementos auxiliares nos motores Otto(galolina) ou Diesel.
Destacaremos os principais:sistemas de acendido e alimentación de motores de gasolina e diésel.Control de parámetros,utilización de documentación técnica,etc.Combustibles empregados,bombas de inxección,sistemas common rail,inyectores-bomba.
Tamén se estudian os tipos de compresores e turbocompresores empregados asi coma o control dos sistemas anticontaminación cada vez con maior relevancia ante as normas en vigor en Europa(Euro V,Euro VI).Compre suliñar a necesidade de coñecer e respetar as Normas de Seguridade e Hixiene e medidas de autoprotección na aula-taller o traballar con máquinas, vehículos,elevadores,combustibles,etc.
Para levar adiante o ensino-aprendizaxe do módulo destacaremos algúns dos materiais empregados para conquerir as competencias necesarias para a superación do módulo:distintos tipos de vehículos con motorizacións diésel e gasolina,analizador de gases de escape,banco diésel,maquetas diversas equipadas cos principais componentes,equipos de diagnose de avarias do grupo Bosch e Berton,etc.
ACCESO O CURRÍCULO DOS MÓDULOS DO CICLO
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA : MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
PRIMEIRO CURSO
Módulo profesional: Mecanizado e Soldadura
Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar as tarefas propias do mecanizado manual e a realización de unións soldadas sinxelas.
Desta maneira, abrangue aspectos tales como:
- Debuxo e interpretación de planos e esbozos.
- Conceptos básicos sobre os materiais máis empregados en automoción.
- Prácticas de metroloxía.
- Operacións de mecanizado: limado, cortado, taladrado, roscado, avellanado…
- Operacións de soldadura.
- Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.
Módulo profesional: Amovibles
Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas áreas de desmontaxe, substitución e montaxe de elementos accesorios, gornecementos e cristais.
Desta maneira, abrangue aspectos tales como:
- Desmontaxe de pezas e accesorios.
- Desmontaxe e montaxe de gornecementos.
- Reparación de cristais.
- Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.
Módulo profesional: Preparación de Superficies
Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas área de preparación de superficies para o seu posterior pintado.
Desta maneira, abrangue aspectos tales como:
- Decapaxe, limpeza e desengrasaxamento.
- Enmascaramento total e parcial.
- Aplicación de masillas, tipos e modos de emprego.
- Aplicación de imprimación e aparellos.
- Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.
SEGUNDO CURSO
Módulo profesional: Mecánica do vehículo.
O módulo de Mecánica do vehículo, pertencente ó ciclo de formación básica de Transporte e mantemento de vehículos organízase no seguintes contidos:
- Seguridade, hixiene, medio ambiente e iniciativa emprendedora no taller de mecánica do vehículo. Estudo das normas de seguridade, hixiene e gestión medio ambiental. Estudo das capacidades asociadas á iniciativa emprendedora
- O motor de combustión. Estudo do motor de combustión interna.
- Compoñentes do motor. Estudo dos compoñentes do motor.
- Circuítos auxiliares do motor. Estudo dos diferentes circuítos auxiliares do motor.
- Suspensión, dirección e rodas. Estudo dos sistemas de suspensión, dirección e rodas.
- Sistemas de transmisión e freado. Estudo dos sistemas de transmisión e freado que equipa un vehículo.
Módulo profesional: ELECTRICIDADE DO VEHÍCULO
Con este módulo preténdese darlle o alumno unha formación xeralista sobre o sistema eléctrico do vehículo automóbil e presentarlle os conceptos básicos de traballo ca electricidade, tanto nos seus aspectos de seguridade, como de comprobacións e reparacións eléctricas, emprego de ferramentas eléctricas en automoción, etc.
Os contidos impartidos son os seguintes:
Unidade |
Título |
Resumo de contido |
1 |
O taller de electricidade |
Normativa básica dun taller de electricidade. Normas de seguridade e manipulación de equipos e sistemas nun taller de electricidade. Funcionamento básico dos equipos do taller eléctrico de automoción. |
2 |
Sistemas eléctricos básicos |
Compoñentes eléctricos básicos. Ley de Ohm y da potencia. Montaxe de circuítos eléctricos básicos e comprobación co polímetro sobre os mesmos. |
3 |
Circuítos de carga e arranque |
Compoñentes dos circuítos de carga e arranque. Estudo do funcionamento básico de cada un dos circuítos. Identificación de compoñentes e comprobación de funcionamento do circuíto sobre o vehículo. |
4 |
Sistemas eléctricos auxiliares |
Sistemas de limpia e lavaparabrisas, alumeado e maniobra, elevalunas eléctrico: estudo dos compoñentes básicos, proceso de funcionamento, avarías e verificación. |
Acceso ao currículo dos módulos formativos:
Páxina principal do departamento de Física e Química
Enviado por admin o Ven, 12/09/2014 - 13:54
Voici nos plus ambitieux projets
Enviado por admin o Mar, 08/03/2011 - 20:33
Tu vas trouver dans les pages qui suivent nos projets les plus ambitieux, tels que notre échange scolaire en 2007/08, notre blog (la-grande-seduction.blogspot.como.es) ou nos petites incursions en radio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »