Skip to main content

Recomendámosche

Recomendacións de lectura do profesorado do centro.

Lecturas para o verán

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Física e Química

Lecturas recomendadas

Lecturas recomendadas


Recomendacións de lecturas en galego

En galego

 

Ollos de augaOllos de auga, Domingo Villar, Editorial Galaxia

 

Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.

 

 

 

 

O perfume, Patrick Suskind, Editorial Sotelo Blanco

 

Historia dun perfumista que no século XVIII procura a creación do perfume supremo cometendo toda unha serie de horribles crimes, que fan del un ser monstruoso aos nosos ollos.

 

 

Bágoa de lúa, Sabela González, Editorial Galaxia

Portada de bágoa de lúa

 

 

Primeiro libro da triloxía fantástica Crónicas de Landereina.

 

Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.

 

Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.

 

 

 O dador, Lois Lowry, Editorial Everest

 

Narra a historia de Xonás, un rapaz que vive nunha sociedade que eliminou a dor e calquera rastro de emocións. É seleccionado para ser o “Receptor da memoria”, a persoa que garda todas as lembranzas. Cando Xonás recibe os recordos do anterior receptor, o Dador, descobre que a súa vida anterior era moi superficial.