Presentación
Título profesional básico en Informática de Oficina
Enviado por miguel.pan.fidalgo o Mar, 18/10/2016 - 05:05
O título profesional básico en Informática de Oficina queda identificado polos seguintes elementos:
- Denominación: Informática de Oficina
- Código: CBIFC02
- Nivel: formación profesional básica.
- Duración: 2.000 horas.
- Familias profesionais: Informática e Comunicacións, e Administración e Xestión.
- Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).
A competencia xeral do título profesional básico en Informática de Oficina consiste en realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Metodoloxía
- Clases teórico-prácticas
- Clases prácticas na aula-taller de informática
- Traballo práctico individualizado e en equipo
- Un ordenador por alumno
- Un trimestre de traballo nunha empresa
Os módulos deste ciclo formativo son os que se relacionan:
- MP3009. Ciencias aplicadas I.
- MP3011. Comunicación e sociedade I.
- MP3012. Comunicación e sociedade II.
- MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.
Duración: 206 horas.
Este módulo profesional contén a formación asociada á función de instalar canalizacións, cableamento e sistemas auxiliares en instalacións de redes locais en pequenos contornos. A definición desta función abrangue aspectos como:
– Identificación de sistemas, elementos, ferramentas e medios auxiliares.
– Montaxe de canalizacións e soportes.
– Tendido de cables para redes locais.
– Montaxe dos elementos da rede local.
– Integración dos elementos da rede.
- MP3019. Ciencias aplicadas II.
- MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.
- MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.
Duración: 205 horas.
O currículo do módulo adecúase ó ámbito produtivo xa que contén a formación asociada á función de configurar e utilizar os compoñentes software e os recursos básicos dun sistema microinformático. A definición desta función abrangue aspectos como:
– Configuración dos parámetros básicos dun sistema operativo.
– Instalación de proteccións básicas.
– Xestión de usuarios e recursos.
– Uso de recursos compartidos.
– Utilización de paquetes ofimáticos.
– Configuración de navegadores e correo electrónico.
– Utilización de servizos de internet.
- MP3031. Ofimática e arquivamento de documentos.
- MP3033. Formación en centros de traballo.
Duración: 320 horas.
No centro de traballo durante 40 días e 8 horas o día os alumnos completarán as competencias e os obxectivos xerais propios do título profesional básico en Informática de Oficina que se alcanzaran no centro educativo.
Coa obtención dun título da formación profesional básica, accédese directamente a un ciclo formativo de grao medio. Para coñecer o organigrama do sistema educativo español pode acceder o seguinte documento PDF sobre a LOMCE.
Máis información:
Decreto que regula a FP Básica e currículos
Módulo profesional: Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos. Código: MP3029. Duración: 296 horas.
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/02/2017 - 15:22
Contidos básicos
Selección de ferramentas e compoñentes utilizados na montaxe e no mantemento de sistemas microinformáticos. Corrente continua e corrente alterna. Lei de Ohm. Magnitudes eléctricas: intensidade, diferenza de potencial (tensión), resistencia, potencia e enerxía eléctrica. Aparellos de medida de magnitudes eléctricas. Efecto Joule. Elementos eléctricos e electrónicos básicos: pilas e baterías, premedores, interruptores, fontes de alimentación, resistencias, condensadores, díodos (rectificadores e LED), transistores, etc. Ferramentas utilizadas nos procedementos de montaxe de sistemas e periféricos microinformáticos. Unidades funcionais dun sistema microinformático. Compoñentes dos sistemas microinformáticos: carcasas, fontes de alimentación, ventiladores e disipadores de calor, placas base, microprocesadores, memoria RAM e tarxetas de expansión. Dispositivos de almacenamento: discos duros e lectores/gravadores ópticos e magnetoópticos. Características e tipos. Dispositivos informáticos como portátiles, táboas, plataformas semiensambladas (barebone), de entretemento multimedia, etc. Buses e conectores de datos. Cableamento e conectores de alimentación. Zócolos e baías de expansión. Tipos e elementos de fixación dos compoñentes ás carcasas. Portos: paralelo, serie, USB, firewire (IEEE 1394), etc. Periféricos básicos: monitor, teclado, rato e impresoras. Outros periféricos: altofalantes, micrófono, escáner, dispositivos multimedia, etc. Seguridade no uso de ferramentas e compoñentes eléctricos e electrónicos. Seguridade eléctrica: medidas de prevención de riscos eléctricos; danos producidos por descarga eléctrica.
Ensamblaxe de compoñentes de hardware dun equipamento microinformático. Procedementos de ensamblaxe, substitución e conexión de compoñentes de hardware de sistemas microinformáticos. Técnicas de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos. Guías de instrucións de compoñentes de sistemas microinformáticos. Periféricos básicos: monitor, teclado, rato e impresoras. Outros periféricos: altofalantes, micrófono, escáner, dispositivos multimedia, etc. Seguridade nas operacións de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos.
Instalación de sistemas operativos: Software básico dun sistema informático. Funcións do sistema operativo. Utilización do sistema operativo. Sistemas operativos actuais libres e propietarios. Proceso de arranque de equipamentos microinformáticos. Operacións con sistemas de ficheiros, directorios e permisos. Instalación e actualización de sistemas operativos libres e propietarios. Instalación e configuración de aplicacións software en sistemas operativos libres e propietarios. Copias de seguridade de datos. Ferramentas de creación e implantación de imaxes e réplicas de sistemas: orixes de información; procedementos de implantación e de verificación de imaxes e réplicas de sistemas.
Funcionalidade dos elementos do sistema, os soportes e os periféricos: Técnicas de verificación e test de sistemas microinformáticos. Software de test e verificación. Ferramentas de verificación e diagnóstico de sistemas microinformáticos. Procedementos de POST ("power-on self test"). Verificación da funcionalidade dos soportes de almacenamento e da integridade da información contida neles. Verificación da conexión de dispositivos periféricos no sistema microinformático. Informes de resultados e incidencias producidas nos procesos de comprobación de sistemas microinformáticos.
Mantemento básico de sistemas microinformáticos, soportes e periféricos: Comprobación da correcta conexión de periféricos ao sistema. Técnicas auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos: mantemento preventivo e periódico. Medidas de conservación e reciclaxe de elementos consumibles. Procedementos de substitución de elementos consumibles. Seguridade na manipulación e na substitución de elementos consumibles. Procedementos de limpeza de compoñentes, soportes e periféricos.
Iniciativa emprendedora na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos. A persoa emprendedora na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos. Iniciativa, creatividade, colaboración, motivación e formación na montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos. O risco como factor inherente á actividade emprendedora relacionada coa montaxe e o mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.
Almacenaxe de equipamentos, periféricos e consumibles: Técnicas de etiquetaxe, embalaxe, almacenamento e transporte de sistemas e compoñentes informáticos. Procedementos e ferramentas de etiquetaxe. Embalaxe de compoñentes e periféricos dun sistema microinformático. Precaucións para considerar no traslado de sistemas microinformáticos. Normativa de prevención de riscos laborais no transporte e na almacenaxe de produtos. Albarás de transporte. Tratamento, reciclaxe e eliminación de residuos informáticos.
Módulo profesional: Ofimática e arquivamento de documentos. Código: MP3031. Duración: 233 horas.
Enviado por Anónimo o Sáb, 11/02/2017 - 15:09
Unidade formativa 1: Ofimática
Código: MP3031_12.
Duración: 156 horas.
Contidos básicos:
Tramitación de información en liña (internet, intranet e redes LAN): Redes informáticas: redes locais (tipos e compoñentes dunha rede local); redes sen fíos; internet e intranet. Procura activa en redes informáticas. Páxinas institucionais.
Realización de comunicacións internas e externas por correo electrónico: Procedementos de transmisión e recepción de mensaxes internas e externas. Envío e recepción de mensaxes por correo. Inclusión de documentos e ligazóns en mensaxes de correo electrónico. Medidas de seguridade e confidencialidade na custodia e no envío de información. Organización da axenda para incluír tarefas, avisos e outras ferramentas de planificación do traballo.
Uso de procesadores de texto: Estrutura e funcións dun procesador de texto. Xestión de documentos en procesadores de textos. Aplicación de formato a documentos. Utilización de patróns. Edición de textos e táboas. Inserción de obxectos. Configuración e impresión de textos.
Elaboración de documentos mediante follas de cálculo: Tipos de datos. Referencias a celas. Rangos. Follas. Libros. Utilización de fórmulas e funcións. Creación e modificación de gráficos. Elaboración de documentos de distintos tipos. Aplicación de regras ergonómicas.
Elaboración de presentación: Identificación de opcións básicas das aplicacións de presentacións. Deseño e edición de diapositivas. Tipos de vistas. Formato de diapositivas, textos e obxectos. Utilización de patróns e asistentes. Presentación para o público: conexión a un proxector e configuración.
Unidade formativa 2: Arquivamento de documentos
Código: MP3031_22.
Duración: 77 horas.
Contidos básicos:
Uso de equipamentos de reprografía: Equipamentos de reprodución: tipos, compoñentes e características dos dispositivos. Identificación de incidencias elementais en equipamentos de reprografía. Funcionamento dos equipamentos de reprografía (fotocopiadora, impresora, escáner, reprodutora, perforadora, encadernadora, etc.). Software de dixitalización de documentos. Obtención de copias en formato documental e/ou dixital. Cumprimento dos procedementos de calidade na reprodución de documentos. Procedementos de seguridade na utilización de equipamentos de reprodución.
Eliminación de residuos: normativa aplicable.
Encadernación funcional: Equipamentos, utensilios e ferramentas de encadernación funcional: tipos, características, funcionamento e detección de posibles incidencias. Materiais da encadernación funcional: tipos, características e a súa utilización. Técnicas de encadernación funcional: corte, perforación e encadernación funcional. Equipamentos, utensilios e ferramentas de encadernación funcional en condicións de seguridade. Eliminación de residuos respectando a normativa.