Presentación
Módulo profesional: formación e orientación Laboral.
Enviado por Anónimo o Mar, 20/12/2016 - 12:12
Módulo profesional: formación e orientación Laboral.
O presente módulo impártese no primeiro curso dos seguintes ciclos de formación profesional de grado medio:
-Electromecánica de vehículos do automóvil.
-Xestión Administrativa.
A asignatura diferencia dúas unidades centráis:
-Unidade formativa 1: prevención de riscos laboráis.
-Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.
Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector do transporte e mantemento de vehículos.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:
– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector do transporte e mantemento de vehículos e no sector administrativo e financeiro.
– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:
– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.
– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos de internet para a procura de emprego.
– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).
– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.
– Identificación de ofertas de emprego público ás que se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.
– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.
– Estudo das condicións de traballo do sector do transporte e mantemento de vehículos a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector do transporte e mantemento de vehículos.
– Estudo das condicións de traballo do sector administrativo e financeiro a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector administrativo e financeiro.
– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.
– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas
necesarias para a súa posta en práctica.