Skip to main content

Lingua Galega

VISITA AO MUSEO DO MAR - PERGAMIÑO VINDEL

 

 

 

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Literatura    galega do século XX e da actualidade, visitan no Museo do Mar de Vigo a exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, na que o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax, e a melodía de seis delas, se exhibirá ao público por primeira vez na historia.

Esta actividades extraescolar terá lugar o mércores, 22 de novembro.

Tamén nos acompaña o alumnado de Ciencias da Terra e de Bioloxía e completaremos a actividade coa visita ao Museo do Mar, guiada pola profesora Mª del Rosario Freijido.

PRESENTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

O Departamento de lingua galega está constituído por unha única profesora, Marta Fernández Alberte, que é ademais coordinadora do Equipo de normalización lingüística do IES A Cañiza.

Neste departamento impártense as seguintes materias:

1º BACHARELATO: Lingua e literatura galega (3 horas semanais)

2º BACHARELATO: Lingua e literatura galega (3 horas semanais)

2º BACHARELATO: Literatura galega do s. XX e da actualidade (2 horas semanais)

Na materia de Lingua e literatura dos dous cursos de Bacharelato, impártense contidos variados relacionados coa literatura, a gramática e a realidade social, histórica e cultural de Galiza.

O seu estudo contribúe a mellorar a competencia comunicativa do alumnado, ao desenvolvemento intelectual e a despertar o seu sentido crítico. Ademais, facilita o achegamento á sociedade social globalizada desde unha perspectiva galega, reflexionando sobre a nosa lingua, literatura e, en consecuencia, sobre a nosa cultura.

Literatura galega do século XX e da actualidade, unha das materias de libre configuración que oferta o centro, profundiza no coñecemento dos nosos principais autores e correntes literarias, contribuíndo a reforzar os hábitos de lectura e escrita, así como ao desenvolvemento da sensibilidade artística.

PRESENTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

O Departamento de Lingua Galega e Literatura está formado na actualidade por unha única profesora que exerce ademais como coordinadora do Equipo de normalización do centro. 
As materias que imparte o noso departamento nos cursos de bacharelato son as seguintes:

1º BACH: Lingua e literatura galega (3 clases semanais)

2º BACH: Lingua e literatra galega (3 clases semanais) e a materia optativa Literatura galega do s. XX e da actualidade (2 horas semanais).

No curso 2016/2017 a profesora de lingua galega imparte ademais Lingua inglesa no módulo Comunicación e sociedade do 2º Curso de Formación Profesional Básica.