Propósito
Propósito do IES da Cañiza
Enviado por admin o Mér, 10/05/2017 - 06:46
O Noso Propósito Institucional é: |
1) Formar ao alumnado de forma integral, atendendo a súa diversidade, inculcando valores sociais e culturais que lles permitan tomar decisións e desenvolverse de xeito autónomo. 2) Conseguir que o alumnado coñeza e comprenda outras culturas, ofrecéndolle distintos puntos de vista sobre a vida e a sociedade e compensar as diferenzas sociais e culturais. 3) Ser un referente na comarca a nivel de formación en todas as ensinanzas autorizadas usando as novas tecnoloxías, colaborando coas institucións e empresas do entorno e tratando de orientar e informar ao alumnado para tomar decisións de futuro a nivel laboral e de continuación en estudos superiores As nosas instalacións constan dun edificio principal con tres andares nos que están distribuídas as aulas, tres delas destinadas ás clases de informática, un salón de actos e biblioteca, ademais de servizo de cafetería. Dispón dun servidor propio que permite contar cunha rede de intranet e internet. A parte do edificio principal, o centro ten dous talleres de macánica e unha aula de electromecánica do automóbil equipados con todas as ferramentas e instrumentais de última xeración, para a realización das correspondentes prácticas. Asi mesmo, os alumnos, poden disfrutar dun pavillón de deportes no que realizan as actividades de educación física. A Biblioteca do IES pretende ser un centro de recursos para o alumnado e o profesorado. O seu catálogo pode ser consultado a través de internet e dispón de cinco ordenadores para consultas e busca de información na rede. |