Blog
Blog de Tecnoloxías da Información e da Comunicación
Unha profesión con futuro
Enviado por admin o Mér, 28/09/2016 - 12:04
En 2015, ao redor de 864.000 empregos TIC en Europa non se cubriron por falta de profesionais cualificados. Nun momento no que padecemos de taxas históricas de paro xuvenil, en especial en países como España e Grecia, a existencia dun número tan elevado de vacantes desaproveitadas resulta alarmante. "Os profesionais das TIC están en niveis de pleno emprego", confirma un recente estudo elaborado por Ideada. En concreto, o 94% dos encuestados conta cun posto de traballo.