blogue deadmin
NORMAS PARA O ALUMNADO NO CURSO 2021/2022
Enviado por admin o Dom, 17/10/2021 - 06:48
NORMAS PARA O ALUMNADO CURSO 2021/22 Prema aquí
CURSO 2021-22
Enviado por admin o Lun, 11/10/2021 - 08:48
PLAN DE ADAPTACIÓN DO IES A CAÑIZA Atallo prema aquí
PLAN DE ACOLLIDA DO IES A CAÑIZA Atallo prema aquí
PLAN DE CONTINXENCIA DO IES A CAÑIZA Atallo prema aquí
Declaración responsable Descargue aquí
Medidas COVID-19 da Consellería Atallo prema aquí
Presentación Latín
Enviado por admin o Mér, 09/06/2021 - 03:58
LATÍN
A materia de Latín no Bacharelato ten un gran valor formativo porque achega a posibilidade de coñecer as bases lingüísticas, históricas e culturais da civilización occidental. Tamén é un apoio fundamental na aprendizaxe das modernas linguas romances faladas na actualidade. O estudo nos seus aspectos fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico ten en si mesmo un alto valor formativo como instrumento de estruturación mental para os alumnos que optasen por unha primeira especialización no campo das humanidades ou das ciencias sociais.
Presentación Grego
Enviado por admin o Mér, 09/06/2021 - 03:57
GREGO
A materia de Grego na etapa do Bacharelato ten como finalidade introducir ao alumnado no coñecemento básico dos diferentes aspectos lingüísticos e culturais de lingua e a civilización gregas co obxecto de permitirlle acceder directamente á riqueza da tradición literaria e clásica, das que beberon en maior ou menor medida as culturas occidentais e que conformaron o pensamento e a base da civilización actual. O estudo da lingua grega serviranos para aumentar o caudal léxico e a bagaxe cultural do alumnado e axudalo a comprender mellor os mecanismos da lingua propia e a recoñecer os referentes culturais que conforman a súa tradición.
Portugués II
Enviado por admin o Mar, 08/06/2021 - 05:07
Portugués II | ||
Tipo de materia: | Curso: | Horas semanais: |
Específica | 2º | 3 |
Descrición da materia: | ||
IES A Cañiza oferta a posibilidade ao seu alumnado de estudar portugués a través das materia Segunda lingua estranxeira: Portugués II . Conscientes de que como falantes de galego e castelán temos unha enorme vantaxe para aprender portugués, desde estas materias proporciónaselle ao alumnado as ferramentas necesarias para desenvolverense con naturalidade nunha lingua de grande proxección internacional, con cerca de 217 millóns de falantes en Portugal, Brasil, Angola, Guiné Bissau, Mozambique, Cabo Verde, Timor Leste e Saõ Tomé e Príncipe, así como territorios como Macau (China), e nas excolonias portuguesas radicadas na India (Goa, Damán e Diu, Dadra e Nagar Haveli). Ademais o estudo da lingua portuguesa no noso centro serve para tender unha ponte entre dous pobos que contan cun pasado común e con moitas conexións en canto a tradicións, á organización das formas de vida, ás manifestación culturais etc.
|
||
Enlaces de interese: | ||
Portugués I
Enviado por admin o Mar, 08/06/2021 - 05:03
Portugués I | ||
Tipo de materia: | Curso: | Horas semanais: |
Específica | 1º | 2 |
Descrición da materia: | ||
IES A Cañiza oferta a posibilidade ao seu alumnado de estudar portugués a través das materia Segunda lingua estranxeira: Portugués I . Conscientes de que como falantes de galego e castelán temos unha enorme vantaxe para aprender portugués, desde estas materias proporciónaselle ao alumnado as ferramentas necesarias para desenvolverense con naturalidade nunha lingua de grande proxección internacional, con cerca de 217 millóns de falantes en Portugal, Brasil, Angola, Guiné Bissau, Mozambique, Cabo Verde, Timor Leste e Saõ Tomé e Príncipe, así como territorios como Macau (China), e nas excolonias portuguesas radicadas na India (Goa, Damán e Diu, Dadra e Nagar Haveli). Ademais o estudo da lingua portuguesa no noso centro serve para tender unha ponte entre dous pobos que contan cun pasado común e con moitas conexións en canto a tradicións, á organización das formas de vida, ás manifestación culturais etc.
|
||
Enlaces de interese: | ||
Reforzo inglés
Enviado por admin o Dom, 06/06/2021 - 13:18
Reforzo Inglés |
||
Tipo de materia: | Curso: | Horas semanais: |
1º | 1 | |
Descrición da materia: | ||
This subject has been thought for those students who have problems with English. Se tes problemas para entender esta frase, esta materia é para ti. Trataranse aqueles contidos da materia de inglés considerados fundamentais neste curso, se ben cunha dinámica máis activa e participativa ao traballar en grupos máis reducidos. Obxectivo: axudar ao alumnado de inglés que inicia a etapa de bacharelato con carencias previas a alcanzar os obxectivos marcados segundo o currículo.
|
||
Enlaces de interese: | ||
|
Calendario de exámenes de 1º BACH Recuperación
Enviado por admin o Xov, 20/05/2021 - 05:15
Calendario de exámenes de FPB para PD y Recuperaciones
Enviado por admin o Xov, 20/05/2021 - 04:47
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »