Lémbrase ao alumnado de ciclos formativos que pode solicitar a validación de módulos profesionais. As solicitudes de validación de ciclos LOXSE/LOE a ciclos LOE e de ciclos LOXSE a ciclos LOXSE (así como a validación do módulo de FOL de ciclos LOXSE de grao medio a partir de ciclos LOE e as validacións a partir da acreditación de unidades de competencia e os certificados profesionais) son competencia da Dirección do centro educativo e deberán presentarse nos 20 primeiros días de clase. Para iso cubrirase o Anexo XIV e achegarase orixinal e copia do certificado académico. As demais solicitudes de validación (de ciclos LOE a ciclos LOXSE, de estudos universitarios, dunha FP I ou FP II) son competencia do Ministerio de Educación e poden presentarse ao longo de todo o curso, pero terán preferencia para a súa resolución as presentadas ata outubro. Para estas solicitudes cubrirase o Anexo V e achegarase orixinal e copia do certificado académico en castelán. No caso de solicitar a validación a partir de estudos universitarios, haberá que presentar a maiores a seguinte documentación:
As solicitudes de validación presentaranse nas ventás de secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas ou os luns e venres pola tarde na xefatura de estudos en horario de 17:00 a 20:00 horas.
|
|||
Para acceder á presentación dos ciclos a distancia, que terá lugar este martes 12 de setembro ás 19:00 horas de forma telemática, preme na seguinte ligazón: Ligazón presentación distancia Corrixido o 08/09/23 tras detectar un erro na data (a presentación será o 12, non o 11).
|
|||
Nota: O día 11 de setembro non haberá transporte escolar.
|
|||
A partir de hoxe, mércores 26 de xullo, está dispoñible na entrada do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar (cheques de 60 e 75 euros). As persoas SOLICITANTES poden recoller os cheques a partir do 1 de setembro. Se algunha das persoas beneficiarias precisa recollelo antes da data indicada, pode solicitalo presencialmente os días 27 e 28 de xullo e recollelo o seguinte día hábil.
|
|||
A partir de hoxe, mércores 12 de xullo está dispoñible na entrada do centro o listado provisional de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar. O período de reclamacións estará aberto ata o vindeiro mércores, 19 de xullo, e o 26 de xullo publicarase a listaxe definitiva. Os cheques poderán recollerse en conserxería a partir do 1 de setembro.
|
|||
O pasado xoves 6 de Xullo, o alumnado do IES de Chapela que cursa o Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais celebrou un íntimo acto de graduación acompañado dos seus familiares, amigos e amigas, profesorado e equipo directivo que os acompañou durante toda a súa etapa formativa. Esperamos que este acto servise de alento para o período de prácticas que agora comeza e futura incorporación no ámbito laboral. Desexámosvos moita sorte neste novo camiño que emprendedes e agardamos que a formación acadada no IES de Chapela vos axude a ser uns bos e boas profesionais empapando de sorrisos, coidados, amor e cariño aos vosos futuros residentes e familiares.
|
|||
ESO: O centro dispón de libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade. Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo. Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel.
|
|||
Pincha aquí para consultar os horarios dos ciclos de modular (réxime de persoas adultas) na modalidade presencial o vindeiro curso 2023-24.
|
|||
Podedes consultar aquí a oferta de módulos no réxime de persoas adultas na modalidade presencial para o vindeiro curso 2023-24, agrupados nos seus correspondentes bloques horarios (Horario 1 ou Horario 2). Os horarios de docencia de cada módulo colgaranse proximamente.
|
|||
Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos para o curso 2023/24. Tedes toda a información sobre o proceso de admisión aquí.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »