|
|||
|
|||
Dentro das actividades do Programa Meteoescolas, a profesora de Física e Química do IES Chapela Carmen Domínguez, experimentou ante un grupo de alumnado de 4º de ESO o efecto que provoca a presión atmosférica sobre todas as cousas. Presentamos dous vídeos con cadansúa experiencia: Como a presión atmosférica permite introducir e entraer un ovo duro dun balón de destilación: Como a presión atmosférica impide que un vaso de auga derrame o seu contido: Esperamos que vos gusten!
|
|||
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA EF NA RÚA, O IES CHAPELA, CEIP LAREDO e CEIP IGREXA FOMOS UN DOS TANTOS CENTROS QUE SACAMOS O MATERIAL, O PROFESORADO E O ALUMNADO Á RÚA PARA GOZAR DA ACTIVDADE FÍSICA E DOS ESPAZOS NATURAIS. CAMBIAMOS POR UN TEMPO OS LIBROS E ORDENADORES POR XOGOS E DEPORTE. QUEREMOS DAR O VALOR QUE MERECE Á EF E Á ACTIVIDADE FÍSICA. GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR E POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
|
|||
O alumnado do IES de Chapela participante no programa EduMob despediuse hai uns días dos seus compañeiros e compañeiras franceses e das súas respectivas familias, ás que lles agradecemos a fantástica acollida que lle brindaron ao noso alumnado. En breves teremos aquí o alumnado francés de intercambio, ao que temos moitas ganas de coñecer.
|
|||
Hoxe, 20 de novembro, celebramos o día dos dereitos da infancia coa lectura dun manifesto por parte do alumnado de 1º do CFGS de Ed. Infantil en defensa das crianzas desprotexidas.
|
|||
Por segundo ano consecutivo, o Proxecto Meteoescolas do IES de Chapela obtivo un diploma de excelencia. Un proxecto interdisciplinar que implica a todas etapas educativas (ESO, Bac e Ciclos) e a case todas as materias. Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado!
|
|||
|
|||
Onte, 9 de xuño, despedimos o alumnado de 2° de Bacharelato da promoción 2021-2023 nun acto de graduación cheo de momentos divertidos e entrañables. Despois destes últimos anos compartidos, ateigados de experiencias e aprendizaxes de todo tipo (e coa irrupción dunha pandemia polo medio), tócanos dicirvos adeus malia que nos custe, pero unha parte de vós quedará sempre nos nosos corazóns porque a memoria é o patrimonio máis valioso e irredutible que temos, e o recordo que vós deixades é imborrable. Así que só podemos desexarvos moita sorte a todas e todos nesta nova etapa das vosas vidas que estades a piques de comezar, esperando que a pegada que depositamos en vós desde o IES de Chapela sexa como un vento favorable que vos axude a voar máis alto e máis lonxe na longa travesía que vos agarda por diante, alí ata onde os vosos soños poidan enxergar.
|
|||
Os exames finais e as probas de avaliación extraordinaria para o alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nos ciclos formativos celebraranse na semana do 12 ao 16 de xuño. Podedes consultar o calendario aquí.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »