Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881930001 - 881930002 - 650858937

ANUNCIOS

ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 

Data: 20 de novembro

Lugar e hora das votacións:

Profesorado (5 postos a renovar): 1º recreo no Salón de actos

Alumnado (4 postos a renovar): De 12 a 12:30 no Salón de actos

PAS (1 posto a renovar): De 14:00 a 14:10 no Salón de actos

Pais/Nais (1 posto a renovar): De 18:30 a 20:00 na Aula de Emprendemento

 

Prazo de presentación de candidaturas ás eleccións ó Consello Escolar: Do 28 de outubro ao 8 de novembro

Todos aqueles membros da comunidade educativa que queran presentar a súa candidatura ás eleccións do Consello Escolar poden facelo cubrindo o impreso de presentación de candidatura que poden descargar AQUÍ e que tamén teñen á súa disposición na Secretaría do Centro. O impreso deberá remitirse en prazo ó correo do centro (ies.castrodauz@edu.xunta.gal) ou ben entregándoo na Secretaría.

 

Publicación do censo electoral: Os membros da comunidade educativa poderán comprobar o censo electoral na Secretaría do centro desde o 30 de outubro ao 6 de novembro.

 

Mércores 18 de setembro: Reunión das familias cos titores e o equipo directivo co seguinte horario:

17:00h – Salón de Actos - 1º e 2º de FP Básica
17:30h – Aula 205 - 4º ESO
18:00h – Aula 202 – 3º ESO
18:30h - Biblioteca - 2º ESO
19:00h – Salón de Actos - 1º ESO

INICIO DAS CLASES

Mércores 11 de setembro ás 8:30, inicio das actividades lectivas do curso 2024-2025 na ESO e Ciclos Formativos.

Mércores 11 de setembro ás 16:20, inicio das actividades lectivas do curso 2024-2025 na ESA

 Prazo de matrícula para 2º do CM Dual de Soldadura e Calderaría e 2º dO CS Dual de Mecatrónica industrial: Do 2 ao 4 de setembro

Número de conta para realizar o pago do seguro escolar: ES19 2080  0230 6730 4000 2000

Vales Material Escolar ESO: xa se poden recoller no centro

Solicitude de Transporte Escolar: podes solicitala ata o 12 de xullo. Descarga os documentos no seguinte ENLACE

Do 1 ao 17 de xullo en horario de mañá: nova edición do curso de Manexo de dispositivos móbiles +info

Publicada a relación de libros de texto para 2024-2025 +info

Oferta de ciclos formativos: para o curso 2024-2025 +info

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE NOVEMBRO 2024

Mércores 6: Charla:"Abrasivos para construcións metálicas". 2º de Ciclo de Soldadura e Caldeiraría. De 10:00h a 12:00h. Aula e Taller de Soldadura.

Xoves 7: Visita ao IV Encontro galego de Ciberseguridade.CIBER.gal. Santiago. 1º e 2º SMR e 2º ESO. De 8:30h a 18:30h.

Xoves 7: Charla Programa A Ponte: "Entre o Ensino Medio e a USC". 4º ESO  e Ciclo Administración e Finanzas. De 12:30h a 14:10h.

Luns 11: Charla Seguridade Viaria. 1º e 2º FP Básica e 1º e 2º Ciclo EVA. De 12:30h a 14:10h

Xoves 21: Actividade "Tarot con-sentimento". Igualdade. 3º ESO: De 11:20h a 12:10h; 4º ESO: De 13:20h a 14:10. Concello das Pontes.

Luns 25: Visita á Exposición Fotográfica Marta Ortega: Irving Penn: Centennial. A Coruna. 3º e 4º de ESO. De 9:20h a 18:00h

Martes 26: Charla Doazón de órganos.SERGAS. 3º e 4º  ESO e 1º FPB. Salón de Actos. De 10:30h a 11:20h.

Mércores 27: Taller Simultánea  Fundación Abanca e Patinaxe sobre Xeo. Ferrol. 1º ESO. De 9:20h a 14:10h.

Mércores 27: Charla Programa Que non Te líen. Ti Elixes. Mulleres referentes no sector metalurxico. ASIME. 4º ESO: De 12:30h a 13:20h; 3º ESO: De 13:20h a 14:10h.

Xoves 28: Punto Violeta. Toda a comunidade educativa. Hall do instituto. Concello das Pontes.

De Venres 29 a Luns 2: III Carreira Green Power. FP Básica y Ciclo Mantemento de Vehículos. Cartagena

OFERTA CICLOS FORMATIVOS 2024

Esta é a nosa oferta de ciclos formativos para o curso 2024-2025.

O prazo para anotarse vai dende o 24 de xuño ata o 4 de xullo (ás 13:00 horas)

OFERTA EDUCATIVA 2024-2025

 Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) - Edixgal e Plurilingüe

Guía da LOMCE da Consellería de Cultura e Educación

 

Educación Secundaria para Adultos (ESA)

 Máis información sobre a ESA

 

Formación Profesional Básica

Ciclo Básico de Informática de Oficina (BIFC12)

Máis información sobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos(BTMV11)

Máis informaciónsobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

 

Formación Profesional de Grao Medio

Electromecánica de Vehículos Automóbiles (MTMV02)

Máis información sobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

Sistemas Microinformáticos e Redes (MIFC01)

Máis información sobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

Soldadura e Caldeiraría (MFME02) DUAL

Máis informaciónsobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

 

Formación Profesional de Grao Superior

Ciclos formativos de grao superior (título de Técnico Superior):

 Administración e Finanzas (SADG01) Só 2º curso

Máis información sobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

Mecatrónica Industrial (SELE04) DUAL Só 2º curso

Máis información sobre este ciclo (Módulos, carga horaria,...)

 

NOTA: os ciclos de réxime ordinario (Administración e Finanzas, Sistemas Microinformáticos e Redes e Electromecánica de Vehículos automóbiles) poden cursarse, de ser o caso, no segundo curso polo réxime de FP Dual.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSAR ESO NESTE CENTRO EN 2024-2025

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Páxina web de admisión de alumnado da ESO

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA:

Só o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe A Fraga que desexe continuar estudos de 1º ESO no IES Plurilingüe Castro da Uz o vindeiro curso académico 2024-2025.

Só alumnado de 4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz que desexe continuar estudos de Bacharelato no IES Moncho Valcarce no vindeiro curso 2024-2025.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023

Publicación do alumnado admitido (22 de febreiro) - Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, TODO o alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2024-2025 no IES Plurilingüe Castro da Uz foi admitido e obtivo praza.

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES A 29 DE FEBREIRO DE 2024:

1º ESO: 7

2º ESO: 0

3º ESO: 0

4º ESO: 8

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para todo o alumnado que desexe cursar algún curso da ESO no vindeiro 2024-2025, agás o alumnado que xa está agora matriculado no centro e o alumnado do centro adscrito que xa fixo a reserva de praza (CEIP Plurilingüe A Fraga).

Prazo: do 1 ao 20 de marzo de 2024 (Máis información aquí)

Nota informativa

Criterio complementario de baremación aprobado polo Consello Escolar: Quen teña matriculado un irmán ou irmá  ou un familiar de 1º grao no momento de formalizar a solicitude de admisión no centro en calquera etapa educativa (CFs, FPB e/ou ESA), agás na ESO, terá unha puntución de 1 Pto. Esta puntuación será única independentemente do número de imáns/irmás ou familiares de 1º grao que vaian estar escolarizados no centro.

Prazo para presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024 (Poden consultarse no taboleiro de anuncios)

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio de 2024 (Poden consultarse no taboleiro de anuncios)

 

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO:

Período de matrícula: do 24 de xuño ao 7 de xullo de 2024

 

Distribuir contido


by Dr. Radut