Skip to Content

Documentación

Política do centro no uso de imaxes do alumnado

A Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) e o Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) define “datos persoais” como “toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable (a persoa interesada)” e indica que se considerará persoa física identificable “toda persoa cuxa identidade poida determinarse, directa ou indirectamente, en particular, mediante un identificador, por exemplo un nome, un número de identificación, datos de localización, un identificador en liña ou un ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social da devandita persoa”.

De conformidade co anterior, no ámbito educativo teñen a cualificación de datos persoais do alumnado o seu nome e apelidos, o seu número de teléfono, o seu domicilio, o correo electrónico, etc., e tamén os datos relativos ás cualificacións, ás ausencias xustificadas ou inxustificadas e ás fotografías ou vídeos (imaxe persoal).

Cando a captación das imaxes (fotografía, vídeo…) non obedeza directamente á función educativa ou orientadora, como no caso de gravacións de imaxes de festividades ou eventos coa finalidade de dar difusión ás actividades do centro, a base lexitimadora para o tratamento destes datos será o consentimento. Para que este consentimento sexa válido, previamente haberá que informar ás persoas interesadas conforme o previsto na normativa vixente e, en particular, da finalidade da gravación e de se as imaxes van a estar accesibles de maneira indiscriminada ou limitada á comunidade escolar.

Para recadar o referido consentimento, o centro deberá solicitalo por escrito ás persoas interesadas, no caso de menores de 14 anos a través dos seus proxenitores ou titores/as, e directamente a elas no caso de maiores de 14 anos.

O consentimento, particularmente no caso de imaxes, non pode ser xenérico, ten que recadarse para cada fin concreto. Desta forma, no caso de que se prevexa publicar as imaxes a través de diferentes medios, deberá especificarse cada un deles da forma máis detallada posible no modelo de autorización correspondente.

En consecuencia as imaxes expostas na web do centro e nas redes sociais do centro de alumnado matriculados no mesmo:

  • Son de carácter persoal e identificables.
  • Constan dos devanditos permisos, do alumnado maior de 14 anos, ou dos pais/nais/titores legais, renovados anualmente no período de matriculación.
  • Son utilizadas nun eido estrictamente educativo tendo como finalidad amosar as experiencias realizadas no centro á comunidade educativa.


Por último, as persoas interesadas poderán solicitar ante o/a responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento.

No caso do dereito á retirada do consentimento previamente outorgado polas persoas interesadas, e tendo en consideración o disposto no artigo 7.3 do RXPD que establece como condicións que o consentimento poderá ser retirado en calquera momento e que deberá ser tan fácil retirar o consentimento como dalo, naqueles casos nos que os centros docentes solicitasen o consentimento para o tratamento de datos persoais para finalidades distintas á función educativa ou orientadora, as persoas interesadas poderán comunicar a retirada do consentimento directamente ao centro, que deberá cesar no tratamento dos datos persoais afectados. Con todo, a retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento outorgado previo á súa retirada.

Documento Autorización para o tratamento de imaxes do alumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut