A Formación en Centros de Traballo (FCT) é un módulo que se cursa na FP unha vez aprobados todos os módulos no centro, e lévase a cabo totalmente na empresa. A súa duración depende de cada ensinanza, tendo a seguinte duración:
Ciclos de FP Básica 320 horas
Ciclos de grao superior 384 horas
Ciclos de grao medio 410 horas
Máis información e normativa no seguinte enlace.
A cualificación que se pode obter unha vez rematado o módulo de FCT é: APTO ou NON APTO
O alumnado que cursa a FCT conta cunha póliza de seguros que cubre os accidentes e a responsabilidade civil.