Skip to Content

Petición copias exames

Procedemento para a petición de copias de exames

Seguindo as disposicións que garanten e facilitan a comunicación dos membros da comunidade educativa e órganos de goberno implicados no proceso de avaliación do alumnado que regula o procedemento, os prazos e a actuación dos órganos que interveñen no proceso de reclamación ás cualificacións e de decisión de promoción e titulación do alumnado, segundo establece a Orde do 2 de marzo de 2021 (DOG 11-3-2021), establecemos as seguintes instruccións xerais acerca de petición de copias de exames, reguladas nas NOF do centro e aprobadas polo Consello Escolar:

Os pais/nais/titores legais poderán revisar en tempo e forma establecidos polo centro educativo os exames ou instrumentos de avaliación dos seus fillos e fillas e poderán solicitar ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

Para revisar un exame deberán concertar unha entrevista persoal co profesor/a da materia que queren revisar na hora de atención ás familias que ten no seu horario e será o propio/a profesor/a da materia o que o ensine e faga cantas aclaracións sexan precisas.

Realizado o paso anterior e co obxecto establecer as garantías para unhaavaliación do alumnado conforme criterios obxectivos, se a familia o considera apropiado, poderanse solicitar copias dos exames. As familias que soliciten copias dos exames deben seguir, con carácter xeral, estas instrucións:

1. Só se admitirá unha instancia por exame e non é posible realizar unha petición xenérica de todos os exames de todas as materias e de todo o curso. Haberá que concretar que exames se queren solicitar.

2. Presentación da solicitude en Secretaría que virá asinada polo pai, a nai ou titor/a legal; ou o alumno/a, se é maior de idade, sendo dirixida á atención do/a profesor/a da materia implicada.

3. As copias deben ser recollidas pola persoa asinante da solicitude ou persoa autorizada por escrito e deberá garantirse a confidencialidade da documentación recibida.

4. Cando se trate de exames parciais ao longo do curso, o prazo de entrega por parte do centro será de 5 días lectivos. No caso de exames finais aplicaranse o disposto na normativa vixente.

Formulario solicitude copia de exames

Distribuir contido


by Dr. Radut