Skip to Content

Permisos e licenzas

NORMATIVA SOBRE PERMISOS E LICENZAS

Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente (DOG 15/02/2016) Ligazón


Orde do 24 de febreiro de 2016 pola que se amplía a Orde do 29 de xaneiro de 2016, incorporando dous novos permisos (para funcionarias en estado de xestación e para adaptación progresiva da xornada laboral para tratamentos oncolóxicos (DOG 1/03/2016) Ligazón

Descarga o Anexo II para solicitude de permiso para activiades de formación organizadas polas universidades, organizacións sindicais, asociación profesionais ou similares.

Descarga o Anexo IV para solicitude de permisos e licencias dirixidos á Xefatura Territorial.

Descarga o Anexo V para solicitude de permisos e licencias á Dirección do centro.

 

COMUNICACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL (PARTES DE BAIXA/CONFIRMACIÓN E ALTA MÉDICA)

PERSOAL INCLUÍDO NO RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL:

A partir do 1 de abril de 2023 suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa.

En consecuencia, o persoal non docente e docente non universitario incluído no RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante a aplicación DATOSPERSOAIS sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta) de conformidade coa Instrución nº1/2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Así mesmo, deberá comunicar tamén mediante esta mesma funcionalidade, a data de alta con antelación suficiente á incorporación ao posto de traballo.

 
PERSOAL INCLUÍDO EN MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL:

O persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL será obrigatorio que empregue esta funcionalidade da aplicación informática DATOSPERSOAIS para remitir o parte médico de baixa, confirmación e alta dixitalizado á Xefatura Territorial correspondente. Como consecuencia non se remitirán os orixinais destes partes ao centro educativo nin a Xefatura Territorial.

Distribuir contido


by Dr. Radut