Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSAR ESO NESTE CENTRO EN 2024-2025

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Páxina web de admisión de alumnado da ESO

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA:

Só o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe A Fraga que desexe continuar estudos de 1º ESO no IES Plurilingüe Castro da Uz o vindeiro curso académico 2024-2025.

Só alumnado de 4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz que desexe continuar estudos de Bacharelato no IES Moncho Valcarce no vindeiro curso 2024-2025.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023

Publicación do alumnado admitido (22 de febreiro) - Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, TODO o alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2024-2025 no IES Plurilingüe Castro da Uz foi admitido e obtivo praza.

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES A 29 DE FEBREIRO DE 2024:

1º ESO: 7

2º ESO: 0

3º ESO: 0

4º ESO: 8

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para todo o alumnado que desexe cursar algún curso da ESO no vindeiro 2024-2025, agás o alumnado que xa está agora matriculado no centro e o alumnado do centro adscrito que xa fixo a reserva de praza (CEIP Plurilingüe A Fraga).

Prazo: do 1 ao 20 de marzo de 2024 (Máis información aquí)

Nota informativa

Criterio complementario de baremación aprobado polo Consello Escolar: Quen teña matriculado un irmán ou irmá  ou un familiar de 1º grao no momento de formalizar a solicitude de admisión no centro en calquera etapa educativa (CFs, FPB e/ou ESA), agás na ESO, terá unha puntución de 1 Pto. Esta puntuación será única independentemente do número de imáns/irmás ou familiares de 1º grao que vaian estar escolarizados no centro.

Prazo para presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024 (Poden consultarse no taboleiro de anuncios)

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio de 2024 (Poden consultarse no taboleiro de anuncios)

 

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO:

Período de matrícula: do 24 de xuño ao 7 de xullo de 2024

 



page | by Dr. Radut