MTMV02
MTMV02 - Electromecánica de vehículos automóbiles
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión, etc.).
Que ocupacións se desempeñan?
Electronicista de vehículos; electricista electrónico de mantemento e reparación en automoción; mecánico/a de automóbiles; electricista de automóbiles; electromecánico/a de automóbiles; mecánico/a de motores e os seus sistemas auxiliares, de automóbiles e motocicletas; reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos; reparador/ora de sistemas de transmisión e freos; reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión; operario/a de ITV; instalador/ora de accesorios en vehículos; operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios; electromecánico/a de motocicletas, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0454 | Circuítos de fluídos, suspensión e dirección | 213 | 8 | |
1º | MP0459 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 | 4 | |
1º | MP0452 | Motores | 133 | 5 | |
1º | MP0456 | Sistemas de carga e arranque | 213 | 8 | |
1º | MP0455 | Sistemas de transmisión e freada | 187 | 7 | |
2º | MP0457 | Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo | 175 | 10 | |
2º | MP0460 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0461 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0453 | Sistemas auxiliares do motor | 245 | 14 | |
2º | MP0458 | Sistemas de seguridade e confortabilidade | 157 | 9 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Fene | 15032081 | IES de Fene | 881938280 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009131 | IES Universidade Laboral | 988788486 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).