Currículos
O currículo das ensinanzas de formación profesional defínese como o conxunto de obxectivos, contidos, orientacións pedagóxicas, criterios de avaliación e directrices que regulan a práctica docente, que servirán de instrumento para acadar os fins destas ensinanzas.
Os currículos establécense coa seguinte estrutura:
1. Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva do título no sector ou nos sectores correspondentes:
- Identificación.
- Perfil profesional do título, onde se especifique:
- Competencia xeral.
- Competencias profesionais, persoais e sociais.
- Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.
- Contorno profesional.
- Prospectiva do título no sector ou nos sectores.
2. Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos do contexto:
- Obxectivos xerais.
- Módulos profesionais.
- Espazos e equipamentos.
- Profesorado.
3. Acceso a outros estudos e vinculación con eles, así como a correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia.
- Acceso a outros estudos.
- Validacións e exencións.
- Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención.
4. Organización da impartición, onde se especifique:
- Distribución horaria.
- Desenvolvemento do currículo.
- Titulacións equivalentes e vinculacións coas capacitacións profesionais.
- Regulación do exercicio da profesión, se é o caso.
- Accesibilidade ás ensinanzas do título.
- Autorizacións a centros privados.
- Calendario de implantación.