Skip to Content

ANUNCIOS

ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 

Data: 20 de novembro

Lugar e hora das votacións:

Profesorado (5 postos a renovar): 1º recreo no Salón de actos

Alumnado (4 postos a renovar): De 12 a 12:30 no Salón de actos

PAS (1 posto a renovar): De 14:00 a 14:10 no Salón de actos

Pais/Nais (1 posto a renovar): De 18:30 a 20:00 na Aula de Emprendemento

 

Prazo de presentación de candidaturas ás eleccións ó Consello Escolar: Do 28 de outubro ao 8 de novembro

Todos aqueles membros da comunidade educativa que queran presentar a súa candidatura ás eleccións do Consello Escolar poden facelo cubrindo o impreso de presentación de candidatura que poden descargar AQUÍ e que tamén teñen á súa disposición na Secretaría do Centro. O impreso deberá remitirse en prazo ó correo do centro (ies.castrodauz@edu.xunta.gal) ou ben entregándoo na Secretaría.

 

Publicación do censo electoral: Os membros da comunidade educativa poderán comprobar o censo electoral na Secretaría do centro desde o 30 de outubro ao 6 de novembro.

 

Mércores 18 de setembro: Reunión das familias cos titores e o equipo directivo co seguinte horario:

17:00h – Salón de Actos - 1º e 2º de FP Básica
17:30h – Aula 205 - 4º ESO
18:00h – Aula 202 – 3º ESO
18:30h - Biblioteca - 2º ESO
19:00h – Salón de Actos - 1º ESO

INICIO DAS CLASES

Mércores 11 de setembro ás 8:30, inicio das actividades lectivas do curso 2024-2025 na ESO e Ciclos Formativos.

Mércores 11 de setembro ás 16:20, inicio das actividades lectivas do curso 2024-2025 na ESA

 Prazo de matrícula para 2º do CM Dual de Soldadura e Calderaría e 2º dO CS Dual de Mecatrónica industrial: Do 2 ao 4 de setembro

Número de conta para realizar o pago do seguro escolar: ES19 2080  0230 6730 4000 2000

Vales Material Escolar ESO: xa se poden recoller no centro

Solicitude de Transporte Escolar: podes solicitala ata o 12 de xullo. Descarga os documentos no seguinte ENLACE

Do 1 ao 17 de xullo en horario de mañá: nova edición do curso de Manexo de dispositivos móbiles +info

Publicada a relación de libros de texto para 2024-2025 +info

Oferta de ciclos formativos: para o curso 2024-2025 +info

Mércores 26 e xoves 27 de xuño (ata as 14:00h): prazo de presentación de reclamacións polas notas finais

Martes 25 de xuño ás 10:00h: publicación/entrega dos boletíns de notas

Ata o venres 21 de xuño: prazo para solicitar axudas para MATERIAL ESCOLAR para o curso 2024-2025. +info

Xoves 13 de xuño ás 18:30 horas: na biblioteca sesión informativa da EOI de As Pontes +info

O alumnado que rematou estudos en 2022, xa pode pasar a recoller o título. +info

Mércores 22 de maio: alumnado de 2º FPB, 2º CFs e ESA, remata prazo para anotarse ás probas de acreditacion da competencia dixital +info

Luns 20 de maio: día NON LECTIVO no centro (Agás curso AFD de Soldadura que sí se impartirá no seu horario habitual)

Mércores 15 de maio: publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido para ESO 2024-2025

Venres 10 de maio (ás 15:00 horas): remata prazo para solicitude de beca para o curso 2024-2025 +info

Luns 29 de abril: Inicio dun novo curso de Manexo de dispositivos móbiles +info

Xoves 25 de abril: publicación da listaxe provisional de alumnado admitido para ESO 2024-2025 Poden consultarse no taboleiro do hall do instituto (Prazo de reclamación ata o 3 de maio incluído)

Do 21 ao 27 de abril: SPRING WEEK para o alumnado de 3º ESO +info  GUÍA DA ACTIVIDADE

Martes 19 de marzo: Inicio prazo para solicitar becas para estudos postobrigatorios para 2024-2025 (Remata o prazo o 10 de maio). +info

Mércores 10 e Xoves 11: Avaliación de diagnóstico en 2º ESO +info

Luns 8 de abril ás 15.45h: Inicio do novo curso AFD FMEC0119_2 Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo "MIG/MAG".

Luns 18 de marzo, ás 16:00h: Inicio do curso "Manexo de Aplicacións Móbiles (Nivel Intermedio)" +info

Luns 18 de marzo, inicio curso AFD: Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos +info Nova data de inicio

Do 1 ao 20 de marzo: Inicio período admisión en ESO para o curso 2024-2025 +info

Venres 15 de marzo, ás 14:00: Remata prazo para alumnado 4º ESO para anotarse ás probas de certificación da competencia dixital (Nivel Intermedio) +info

Mércores 28 de febreiro ás 18:00 horas, xornada de portas abertas para o novo alumnado ESO +info

Xoves 22 de febreiro, adxudicados os postos escolares de reserva de praza para 2024-2025 na ESO +info

Venres 9 de febreiro, durante toda a mañá: VISITA DA DIRECTORA XERAL DE FP (María Eugenia Pérez) +info

Mércores 7 de febreiro, de 10h  a 12h: Examen Trinity - Reading & Writing

Martes 6 de febreiro, a partir das 16:00 horas: Examen Trinity - Speaking & Listening

Luns 15 de xaneiro: inicio do prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o curso 2024-2025 (Alumnado de 6º CEIP Plurilingüe A Fraga e alumnado de 4º ESO do centro) +info

Do luns 9 ao venres 19 de xaneiro: prazo de matrícula para novo alumnado da ESA módulo IV +info

Luns 8 de xaneiro de 2024: reanúdanse as clases

Durante o período de Nadal, para calquera urxencia contactar por correo electrónico ies.castrodauz@edu.xunta.gal ou por teléfono 650858937 (de luns a venres de 11 a 12 da mañá).

Xoves 21 de decembro ás 14:00 horas: publicación en Abalar das notas da 1ª Avaliación en 2ºFPB, 1MI e 1SC

Domingo 10 de decembro ás 15:30 horas: saída Digital Week

Venres 1 de decembro ás 14:00 horas: publicación en Abalar das notas da 1ª Avaliación en ESO, 1º FPB,  1º e 2º EVA, 1º e 2º SMR, 1º AF, 2º SC e 2º DAW

Concurso de Fotografía Castro da Uz - Prazo de entrega ata o 5 de decembro +info(Novo)

Curso de Márketing dixital, Social Media e Canva: 14, 17, 21 e 24 de novembro de 16:30 a 19:30 +info  (Novo)

Programado un novo curso de Manexo básico do móbil e ordenador. Comeza o 23 Novembro +info

Venres 27 outubro: remata prazo para presentarse a probas certificación inglés

Venres 13 outubro: día non lectivo

Martes 10 de outubro ás 16:30: comezo do 2º curso de Capacitación dixital

Venres 22 de setembro: publicadas as programacións didácticas do curso 2023-2024

Mércores 20 de setembro: Reunións de inicio de curso coas persoas titoras

Mércores 13 de setembro a partir das 10:30 horas:  entrega dos ordenadores para 1º ESO

Luns 11 de setembro ás 8:30 horas: inicio das activiades lectivas do curso 2023-2024 en todas as etapas educativas.

26 de xullo: adxudicación definitiva de FondoLibros para 4º ESO

Dende xoves 20 de xullo: todos os ciclos formativos do centro están liberados. Dispoñemos de prazas vacantes en todos.

A Partir do xoves 13 de xullo: pódese pasar a recoller o vale de material na secretaría do centro

Ata o 5 de xullo: prazo para anotarse a un ciclo formativo de FP +info

Mércores 21 de xuño último día para devolución dos libros de texto na ESO

Aberto o prazo para anotarse aos cursos de capacitación dixital +info



page | by Dr. Radut