MIFC01
MIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes
Que se aprende a facer?
Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.
En que ámbitos se traballa?
En empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos. Técnico/a de soporte informático. Técnico/a de redes de datos. Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos. Comercial de microinformática. Operador/a de teleasistencia. Operador/a de sistemas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0223 | Aplicacións ofimáticas | 240 | 9 | |
1º | MP0229 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0221 | Montaxe e mantemento de equipamentos | 240 | 9 | |
1º | MP0225 | Redes locais | 213 | 8 | |
1º | MP0222 | Sistemas operativos monoposto | 160 | 6 | |
2º | MP0228 | Aplicacións web | 123 | 7 | |
2º | MP0230 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0231 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0226 | Seguridade informática | 140 | 8 | |
2º | MP0227 | Servizos en rede | 157 | 9 | |
2º | MP0224 | Sistemas operativos en rede | 157 | 9 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).